O teu día a día en liña, con seguridade

Muller de costas usando un portátil. Foto de Antoni Shkraba: https://www.pexels.com/es-es/foto/escrito-a-mano-manos-mujer-arte-4348404/
23Out
- 28Dec

O teu día a día en liña, con seguridade

Amtega

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade que se celebran durante o último trimestre do ano en colaboración coa Rede de Aulas CeMIT.

Trátase dun programa de charlas promovidas baixo o título “O teu día a día en liña, con seguridade”, especialmente orientadas ás persoas maiores, aínda que poden apuntarse persoas de todas as idades.

Estas sesións estanse a celebrar de xeito presencial en 16 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abórdanse dous bloques formativos que afondan no uso seguro da Internet e dos dispositivos móbiles, así como fraudes bancarios, adicións á rede, malware e outros riscos aos que nos podemos enfrontar na nosa vida cotiá. 

Os lugares e as datas de celebración dos cursos son os seguintes:
 

Aula CeMIT Datas Horarios Bloque formativo Inscricións
Betanzos 23 de outubro 10:00-11:00 Bloque 1 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43832
Betanzos 23 de outubro 11:30-12:30 Bloque 2 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43833
Ribeira 26 de outubro 10:00-11:00 Bloque 1 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43739
Ribeira 26 de outubro 12:00-13:00 Bloque 2 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43740
Cuntis 30 de outubro 16:30-17:30 Bloque 1 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43741
San Sadurniño 6 de novembro 10:00-11:30 Bloque 1 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43747
San Sadurniño 6 de novembro 12:00-13:30 Bloque 2 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43748
Vigo 8 de novembro 09:30-11:00 Bloque 1 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43749
Vigo 8 de novembro 11:15-12:45 Bloque 2 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43750
Ortigueira 10 de novembro 10:30-12:30 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43755
Guitiriz 13 de novembro 10:30-12:30 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43751
Vimianzo 13 de novembro 16:30-19:30 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43753
Valga 20 de novembro 10:00-11:00 Bloque 1 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/44141
Leiro 21 de novembro 11:00-13:00 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43785
Boiro 23 de novembro 12:30-13:30 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/44276
Fisterra 23 de novembro 17:00-20:00 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43830
Abegondo 28 de novembro 10:00-11:30 Bloque 1 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43783
Abegondo 28 de novembro 11:45-13:15 Bloque 2 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43784
Cuntis 4 de decembro 16:30-17:30 Bloque 2 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43742
Valga 4 de decembro 10:00-11:00 Bloque 2 https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/44142
Cerceda 12 de decembro 10:00-13:00 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/44175
Catoira 14 de decembro 10:00-13:00 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43870
Castrelo de Miño 28 de decembro 10:00-13:00 Conxunta https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/43855