XeoPosicionamento con OpenStreetMaps (OSM)


CentroAula CeMIT Poio
Data26 Maio 2016
Data fin27 Maio 2016
Data fin de inscrición25 Maio 2016
TipoloxíaCapacitación avanzada en ferramentas TIC
NivelMedio
Horario17:00-18:30
Prazas totais6
Prazas libres6
Solicitudes de inscrición1
Número total de horas:3
Idade mínima requerida16
Idade máxima85
ConferenciantesOscar Freire Rial
O xoves 26 e venres 27 realizarase a actividade de XeoPosicionamento con OpenStreetMaps. Para esta actividade contarase coa colaboración da Asociación XeoPesca OpenStreetMaps (OSM) é unha plataforma que permite o acceso e edición libres de mapas xeográficos ao estilo de Google Maps con caracter colaborativo, de xeito similar á WikiPedia, só que neste caso o que se edita son mapas e que o propio OpenStreetMap se autodefine como “O wiki mapa libre do mundo”. O XeoPosicionamento permite situar xeográficamente un lugar e con OpenStreetMaps poden incluirse diferentes elementos aparte dos nome de rúas ou de outros sitios, pódense rexistrar elementos coma bancos, fontes, cabinas de teléfono e, en xeral, calquera tipo de servizo dispoñibles. Verase o funcionamento de OpenStreetMaps, como se realiza a localización e rexistro dos elementos a xeoposicionar e como incluilos en OSM. Se o tempo o permite, farase unha saída por Combarro realizando unha pequena ruta para comprobar que os elementos que xa estén referenciados sexan correctos, actualizalos se é necesario ou rexistralos se non estivesen incluidos no mapa. Tamén se realizará unha pequena actividade de GeoCaching para dar a coñecer este tipo de actividades. Hai que ser maior de 16 anos, con autorización por escrito, ter coñecementos básicos de informática e dispor de smartphone con GPS ou localizador GPS para o rexistro das coordenadas. O Horario será de 17:00 a 18:30 horas.
Nueva actividad
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS