Seguridade e privacidade na internet. Protéxete dos perigos da Rede
CentroAula CeMIT Ribadeo
Data inicio22 Marzo 2018
Data fin de inscrición22 Marzo 2018
TipoloxíaDispositivos móbiles
Horario10:30-12:00
Prazas totais20
Prazas libres15
Solicitudes de inscrición5
Número total de horas:1.5
Idade mínima requerida16
Idade máxima85
DescriciónCharla a traves de internet orientada a mayores de 40-45 anos, en colaboración con Canal Senior
Charla a través de internet.- CONTIDO: Medo á ciberdelincuencia? Sabes como protexerte na internet? O dano máis persistente da ciberdelincuencia é a propagación do medo. O medo para comprar en liña, a formar parte das redes sociais ou a utilizar servizos en liña cotiáns. A ciberdelincuencia erosiona a confianza nun Internet aberto e libre, altera a nosa vida dixital e impide que saquemos o máximo partido das oportunidades e servizos que se ofrecen en liña. A prevención e o coñecer os posibles perigos que existen na internet é fundamental para gozar dunha navegación segura. Estes perigos existen tanto en computadores como en teléfonos intelixentes, polo que coñecelos e protexelos é no que nos centraremos neste curso. Toma precaucións para unha navegación segura en computadores, teléfonos intelixentes e tabletas. Coñece as mellores ferramentas gratuítas de protección, análise e desinfección para equipos informáticos. Descobre as principais aplicacións e consellos de privacidade e seguridade de datos. Conecta de maneira segura no teu fogar e a través de redes wifi.