Rede CeMIT

Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia, que actualmente forma parte da Estratexia Galicia Dixital 2030 que ten como fin situar a Galicia como unha rexión intelixente de referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribúa a aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: social, económica e medioambiental.

Desde 2016, a Rede CeMIT tamén forma parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia coma un dos proxectos clave que asentaron as bases para definir a nova estratexia de inclusión dixital da comunidade e que ten o obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital.

 O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.

 

A Rede caracterízase pola impartición de actividades formativas no eido da alfabetización dixital, a capacitación dixital e a innovación social dixital.

Conta coa colaboración de 91 concellos galegos. Está integrada por 97 aulas, chegando a todos os puntos da xeografía galega, de tal xeito que todo galego/a ten unha aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación presencial e tamén formación en liña desde calquera punto.

Todas as aulas están equipadas con última tecnoloxía, Internet e sistemas de videoconferencia.

Representación gráfica do mapa de aulas da Rede CeMIT

Desde os seus comezos, a iniciativa caracterízase polo alto grao de demanda cidadá en alfabetización dixital, constituíndose como a actuación de fóra da educación regrada con maior número de usuarios/as en Galicia. Nos últimos anos, a Rede tamén ofrece un servizo de capacitación dixital que permite aos cidadáns madurar e evolucionar dixitalmente así como traballar a innovación social dixital.

Ademais, a Rede CeMIT foi recoñecida nos anos 2009 e 2011 como boa práctica de comunicación e de actuación cofinanciada por fondos europeos no período 2007-2013.

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS