Os cursos impártense en dúas modalidades: presenciais nas aulas da Rede ou en teleformación dende a túa casa.
Para matricularte nos cursos presenciais e para acceder á teleformación unicamente é necesario que sexas usuario/a da Rede CeMIT. Se aínda non o es, date de alta.
Consulta os cursos dispoñibles actualmente na túa aula e matricúlate
A certificación galega de competencias dixitais é un recoñecemento que permite demostrar os coñecementos adquiridos e a maior cualificación das persoas certificadas aumentando a súa empregabilidade. Está regulada segundo o disposto no Decreto 218/2011 do 17 de novembro (DOG nº 229, do 30/11/2011 e acredita as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no Plan Formativo Ofimático de Galicia.
Os estudantes universitarios galegos poderán facer uso da conectividade das aulas CeMIT para realizar os seus exames universitarios coa comodidade de dispor dunha aula a menos de 30 minutos do seu fogar. Para facer uso deste servizo tan só é necesario estar dado de alta como usuario/a da Rede CeMIT e seguir o Protocolo para a realización de exames universitarios na Rede CeMIT.
Se estás interesado/a neste servizo, consulta as aulas adscritas e solicita a túa reserva de praza.
A través das aulas da Rede tamén poderás asistir a charlas e actividades relacionadas coas novas tecnoloxías impartidas por entidades colaboradoras, aliados dixitais ou organismos recoñecidos como o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ou o Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC). Para asistir ás charlas debes matricularte nas mesmas, unha vez esteas dado de alta na Rede como usuario/a.
Consulta as actividades dispoñibles
Os centros da rede tamén son Aulas Abertas, espazos nos que poderás acceder libre e gratuitamente á utilización das aulas, dentro dun horario establecido, onde se conta co apoio e asesoramento dos responsables TIC das aulas. Para empregar os ordenadores das aulas nas horas de Aula Aberta é necesario estar dado de alta como usuario/a da Rede CeMIT.
Consulta os horarios de apertura da túa aula
CeMIT-Innova é un proxecto colaborativo para o fomento da Innovación Social Dixital en Galicia, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega da Xunta de Galicia en 2015 no marco da Estratexia de Inclusión Dixital 2020 e aliñado coa Axenda Dixital de Galicia 2020.
Esta iniciativa impulsa unha nova forma de traballar desde a Rede de Aulas CeMIT, xa que estas adquiren un gran protagonismo dentro do seu ámbito local, co obxectivo de que innovadores/as, usuarios/as e comunidades locais, colaboren utilizando as tecnoloxías para co-crear coñecemento e solucións para dar resposta aos retos e necesidades sociais.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS