Entidades Colaboradoras

A Rede CeMIT incrementa o seu ámbito de actuación mediante a colaboración e participación de entidades e axentes sociais cun interese común de fomentar a dinamización socioeconómica da cidadanía galega na Sociedade da Información e o Coñecemento.

Deste xeito poderanse intercambiar e compartir información e experiencias que conduzan á creación das necesarias sinerxías que permitan unha optimización de todos os recursos postos en xogo, cuns obxectivos e resultados que están orientados ó beneficio de toda a Rede CeMIT e das entidades colaboradoras correspondentes.

 

Como colaborar coa Rede CeMIT

A colaboración formalízase a través da sinatura dun Convenio entre a Rede CeMIT e a entidade interesada. Aquelas entidades que queiran realizar a sinatura, deberán escoller a modalidade de colaboración que mellor se adapte as súas necesidades:

  1. Entidade Colaboradora que utilice a infraestrutura da Rede CeMIT para a difusión dos seus proxectos en materia de alfabetización dixital.
  2. Entidade Colaboradora que queira desenvolver, nos colectivos cos que interactúa e nas súas instalacións, o Catálogo de servizos e o Plan de Formación da Rede CeMIT.
  3. Entidade Colaboradora que utilice a infraestrutura da Rede CeMIT e queira desenvolver, nos colectivos cos que interactúa, o Catálogo de servizos e o Plan de Formación da Rede CeMIT.
  4. Entidade que colabore coa Rede CeMIT na adopción, xeración e implantación de novos contidos, servizos e iniciativas para á sociedade galega.
  5. Entidade Colaboradora que achegue a súa infraestrutura á Rede CeMIT para a realización de actividades do Catálogo de servizos ou do Plan de Formación.

 

Posteriormente deberán cumprimentar o seguinte formulario indicando a modalidade ou modalidades elixidas. Tras a recepción do formulario, a Rede CeMIT poñerase en contacto coa entidade solicitante.

 

Formulario de solicitude para colaborar coa Rede CeMIT

 

Colaboradores da Rede

A Rede CeMIT conta coa colaboración das seguintes entidades:

  • ACEBE CCA. Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos
  • Agatic. Asociación Galega de Tecnoloxías de Información e Comunicacións
  • Asociacion Acide (Asociación Cidadáns Polo Desenvolvemento)
  • Asociación Cultural e Xuvenil para a formación, fomento, desenvolvemento e divulgación da ciencia e tecnoloxías libres Recuncho Maker 
  • Asociación de Usuarios de software libre da Terra de Melide
  • Asociación do pequeño comercio da Pobra/Centro comercial Aberto Deán
  • Cáritas Diocesana de Lugo
  • Cogami
  • Colexio Oficial Traballo Social de Galicia
  • Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia
  • Colexio Profesional de Enxeñería Técnica Informática de Galicia
  • Concello de A Lama
  • Concello de Curtis
  • Concello de Mos
  • Concello de Ribadumia
  • Concello do Grove
  • Concello Salceda de Caselas
  • Confederación Empresarial de Ourense
  • Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
  • Comunidade de Montes Veciñais en Man común de Paradiña
  • Cruz Vermella Española en Galicia
  • Deputación Provincial de Ourense
  • Deputación Provincial de Pontevedra
  • Feafes Galicia. Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia
  • Federación Galega de Asociacións Universitarios Seniors (FEGAUS)
  • Fundación Mulleres
  • Xestión Amipa. Asociación de nais e pais de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar
  • Traballo Seguro Plataforma Emprego, Formación e Prevención S.L. 
     

     

    Colaboracións especiais da Rede

EGAP. Escola Galega de Administración Pública

CDTIC. Centro Demostrador TIC de Galicia

CNTG. Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
06 Novembro 2017
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS en materia de consumo
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS