A Aula CeMIT acollerá "Miradas de Muller", un programa dirixido a desempregadas para a súa incorporación ao mundo laboral no eido da fotografía

O curso constará de catro fases. Así, comezará cunha xornada de presentación impartida a través dos sistemas de videoconferencia e videocolaboración coas Aulas CeMIT participantes –un total de 33 desta rede-, e que se desenvolverá entre os días 31 deste mes e o 15 de febreiro.
En segundo lugar, impartiranse os cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital para, a continuación, proceder á inscripción das usuarias na plataforma web “Miradas de muller”, pola que poderán acceder a portais informativos, disponer de titor ou difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo.
Finalmente, e como cuarta fase, as mulleres participantes nesta iniciativa tomarán parte nun concurso fotográfico a nivel nacional a través da plataforma.
As mulleres interesadas no programa terán que rexistrarse previamente como usuarias da Rede CeMIT e solicitar a matriculación nesta iniciativa a través da web antes do día 28 deste mes (www.cemit.xunta.es). Tamén poderanse formalizar as matrículas acudindo persoalmente á aula de Ares, na Casa da Xuventude (Praza da Constitución, s/n), chamando ao 981 949 591, ou enviando correo a cemit.ares@xunta.es.

Valoración 
Todavía sin votos.
VOLVER
ImprimirEnviar
31 Enero 2013
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente no existen próximas videoconferencias programadas
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Oficina Técnica de Banda Larga
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Sugerencias y quejas | Aviso Legal | Le atendemos | RSS