PRESENTACIÓN DO “I CAMPUS PARA PORTEIROS DIEGO RIVAS-CONCELLO DE ARES”, A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIA, NA AULA CEMIT DE ARES

A área de Deportes, que dirixe o edil socialista José Juan Vilar, organiza, unha vez rematado o curso escolar, o “I Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”. Dito campus terá lugar o mércores 26, xoves 27 e venres 28 de xuño en xornada de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, así como na tarde do venres, de 18.00 a 19.30 horas, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.

O campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na actualidade gardamallas profesional do Elche C.F., diplomado en Maxisterio na especialidade de Educación Física, que coordinará un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.
Esta mañá, o propio Rivas, a través de videoconferencia, xunto cos concelleiros Eugenio Fernández (tenente de alcalde) e José Juan Vilar (Deportes), o técnico deportivo Javier Sánchez, e o delegado da Federación Galega de Fútbol Manuel Mesa, compareceron en rolda de prensa na Casa da Xuventude do Concello para presentar esta iniciativa, que se suma á completa programación deportiva que a administración local ten organizada para o verán.
De feito, Rivas destacou que este campus ocupa un espazo sen cubrir na comarca. “A figura do porteiro é sempre a máis abandoada; somos os extraterrestres do fútbol, un tanto especiais sobre o resto de xogadores porque vestimos distinto, podemos coller o balón coa man… e por ese feito específico tiña que facerse algún evento só para porteiros”, dixo o gardamallas do Elche, que engadiu que “nos comezos da vida deportiva é importante adquirir valores técnicos e outros como a amistade, o compañerismo, que se tratarán de inculcar neste campus”. Diego Rivas manifestou, así mesmo, que con esta iniciativa “aúno as miñas dúas paixóns: os nenos (el é licenciado en Maxisterio) e a portería de fútbol”.

Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).

Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do campus, haberá 42 prazas, que se irán cubrindo por rigurosa orde de inscripción. O prazo para inscribirense estará aberto do 27 de maio ao 19 de xuño, sempre e cando haxa prazas libres, puidendo facer a inscripción descargando o formulario a través da web do evento en www.campus.diegorivas.es (unha vez cubertos os datos do alumn@ é preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico campus@diegorivas.es) ou recollendo a folla de inscripción no pavillón deportivo municipal do Concello de Ares e entregándoa alí mesmo (o pago pódese facer en ventanilla). Tamén se pode obter información desta actividade e da súa inscripción na web do Concello (www.concellodeares.com) e nas redes sociais (Facebook e Twitter).

O prezo de inscripción é de 50 euros (40 no caso dos empadroad@s en Ares ou xogadores das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR, así como para 2 ou máis incripcións por unidade familiar), e inclúe unha equipación de porteiro da prestixiosa marca Soloporteros valorada en 102,85 euros; un tentempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga, e lácteo ou zumo de fruta; o xantar do venres 28 de xuño e xogos acuáticos na praia de Ares; un diploma acreditativo; e o sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores. Dende a organización destacouse o grande esforzo realizado para que este campus sexa unha realidade nunhas condicións as máis asequibles posibles nuns duros momentos de crise como os actuais.

Ao longo dos tres días de celebración do Campus, os alumn@s recibirán a visita de xogadores de fútbol da 1ª División así como de adestradores. Unha das actividades máis destacadas, como adiantou Rivas, é a sesión maxistral a cargo de José Sambade, adestrador de porteiros do Deportivo da Coruña e especialista en adestramento de porteiros da Federación Española de Fútbol. Dita sesión, aberta ao público en xeral e dun xeito específico aos adestradores que desexen acudir, será ás seis da tarde do derradeiro día do campus.

Esta I edición do Campus Diego Rivas-Concello de Ares contará coa colaboración de diferentes entidades e empresas que fan posible o nacemento desta iniciativa deportiva, que, como destacaron os responsables políticos da administración local, tratará de aportar o seu gran de area ao proceso de formación dos rapaces e repazas futbolistas aos que lles gusta ser porteiros, abordando dun xeito multilateral a especificidade e especialización que a figura de gardamallas ten no contexto do fútbol actual, sempre dende unha vertente educativa.

Valoración 
Todavía sin votos.
VOLVER
ImprimirEnviar
23 Mayo 2013
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
02 Diciembre 2019
Los servicios de Gas
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Oficina Técnica de Banda Larga
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Sugerencias y quejas | Aviso Legal | Le atendemos | RSS