CeMIT-Innova

CeMIT-Innova é un proxecto colaborativo posto en marcha pola AMTEGA no 2015, para o fomento da Innovación Social Dixital en Galicia, no marco da Estratexia de Inclusión Dixital da Xunta de Galicia e alineado coa Axenda Dixital 2020.

Este proxecto impulsa unha nova forma de traballar desde a Rede de Aulas CeMIT, ás que queremos dar protagonismo dentro da súa contorna local, co obxectivo de que innovadores/as, usuarios/as e comunidades locais, colaboren utilizando as tecnoloxías dixitais para co-crear coñecemento e solucións para unha ampla gama de retos e necesidades sociais, nunha escala que antes das TIC e Internet era inimaxinable.

Obxectivos estratéxicos

    A través deste proxecto, plantexámonos como obxectivos:
  • Mellorar o entorno social
  • Propiciar a colaboración cidadá
  • Facilitar a conexión entre innovadores/as, usuarios/as e comunidades locais
  • Asentar unha nova forma de entender os desafíos sociais e de atoparlles resposta, converténdose a Rede CeMIT en puntos de encontro para o cambio.

 


3ª Edición CeMIT-Innova 2017

Iniciamos a celebración da 3ª Edición do programa CeMIT-Innova 2017 así como do seu 3º Encontro, promovido pola AMTEGA, no marco do Plan de Inclusión Dixital 2020 da Xunta de Galicia e aliñado coa Axenda Dixital 2020, que terá lugar o vindeiro 7 de marzo no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela entre as 09:30 e as 13:00 horas.
 
 
 
Un novo ano nunha nova edición do Programa CeMIT-Innova
Innovación Social Dixital pensada e coordinada por vós, desenvolvida e contada polos vosos veciños e veciñas, converténdovos en pioneiros deste tipo de iniciativas.

Dez aulas liderarán de novo estes pilotos, cos que se validará unha metodoloxía participativa na resolución de desafíos sociais. Animámoste a participar nunha, co obxectivo de que xurdan esas ideas que te convertan en líder dun cambio compartido cos teus veciños e veciñas.
 

 

Obradoiro práctico "Metodoloxías participativas aplicadas ao deseño de proxectos"

Inscrición ao obradoiro

 
Data: venres, 24 de marzo
 
Hora: entre as 09:30 e as 14:00 horas
 
Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo 15702 - Santiago de Compostela)
 
Que trataremos? Durante o mesmo abordaranse técnicas de liderado de proxectos, así como metodoloxías participativas (creatividade, Design thinking, Canvas) que permitan deseñar novos proxectos de Innovación Social Dixital, baseados en necesidades reais, creados a través da interacción entre distintos axentes e aliados locais.
 
Público obxectivo: Aberto á participación de concellos, axentes e aliados dixitais da Rede de Aulas CeMIT (sobre as que pivota o Proxecto CeMIT-Innova), o obradoiro exponse como requisito imprescindible para participar como proxecto aula CeMIT-Innova na III Edición do programa, unha nova convocatoria que abrirá o seu prazo de inscrición e recepción de propostas unha vez finalizado o obradoiro. 

 

Selección de proxectos CeMIT-Innova 2017

A continuación expóñense os criterios que se terán en conta á hora de seleccionar as aulas CeMIT-Innova 2017 que se presenten.

  1. Procedemento para a selección das aulas de Innovación Social Dixital CeMIT-Innova 2017
  2. Anexo de solicitude de participación no proxecto CeMIT-Innova 2017
Este anexo deberá ser adxuntado en formato PDF e con firma electrónica
ou manuscrita do representante legal da Administración local no 

Formulario inscrición proxectos

 
 
 
 
 
 
 
 

Vídeo III Encontro CeMIT-Innova 

Vídeo emitido durante a celebración do III Encontro CeMIT-Innova 2017 celebrado o 7 de marzo, no que se mostran os desafíos e os logros dos proxectos da segunda edición de CeMIT-Innova 2016.

 

 
 
 

2ª Edición CeMIT-Innova 2016

Iniciamos desde a AMTEGA, a segunda edición do proxecto CeMIT-Innova, para o fomento da innovación social dixital.
 
A 2ª Edición do proxecto CeMIT-Innova presentarase no marco da celebración do 15º Encontro de Redes de Telecentros  "Impulsando a túa capacitación dixital".
 
Este encontro terá lugar o próximo 15 de Marzo, a partir das 9:00h., no Salón de Actos da Biblioteca da Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n Santiago de Compostela). 
 
Formación en Canvas
Desde o Plan de formación continua do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ponse en marcha unha nova actividade formativa : "Innovación Social Dixital desde unha análise de ferramentas Canvas".
 
Haberá dúas edicións onde as prazas serán limitadas. Para máis información consulta os programas:
Formularios de rexistro:
 
Cartel do evento
 
 
 
 

Proxectos seleccionados

Proxectos seleccionados
 
 

Consulta o Informe-Resume de CeMIT-Innova 2016

 


1ª Edición CeMIT-Innova 2015

Este proxecto desenvolveuse na súa primeira edición no ano 2015, con 10 aulas da rede CeMIT como experiencias piloto para poñer en marcha proxectos de Innovación Social Dixital, impulsados polos axentes TIC no territorio, e para converterse en lugares de diálogo e debate cidadán, para vertebrarse socialmente e coa tecnoloxía como ferramenta.

CeMIT-Innova pon en valor a intelixencia social, a participación cidadá e a experiencia tecnolóxica nas aulas CeMIT en torno á Innovación Social Dixital como modelo de interacción e apoio para a superación dos desafíos do contexto social inmediato.

Se queres formar parte deste proxecto, por favor, consulta aquí as condicións de participación.

 
As comunicacións da xornada poderán seguirse en Twitter co hashtag #cemitinnova.
 

 

Guía CeMIT-Innova "Impulsando a Innovación Social Dixital" (Novembro 2015)

 

Guía CeMIT-Innova

 

 

Vídeo resume da xornada 

 

Proxectos seleccionados

De entre as 20 propostas presentadas por as aulas CeMIT, estas son as 10 seleccionadas para a súa participación no proxecto CeMIT-Innova:

  • Aula CeMIT de VERÍN: VERÍN HACKLAB, UN LABORATORIO DESDE O QUE IMPULSAR USOS SOCIAIS DA TECNOLOXÍA NUNHA CONTORNA LÚDICA. 

"Verín Hacklab" pretende ser un espazo físico de encontro, debate, aprendizaxe e difusión sobre diferentes usos sociais da tecnoloxía.

  • Aula CeMIT de SARREAUS: APP PARA AGRICULTORES. 

Parten da idea de desenvolver unha aplicación móbil, que facilite aos agricultores locais tanto tarefas básicas de xestión, como o acceso a información de interese. Está focalizaa en atender as necesidades dun sector ata agora fose do grupo de usuarios ‘habituais’ da Rede CeMIT.

  • Aula CeMIT A ESTRADA: EMPRENDIMIENTO E INTERMEDIACIÓN LABORAL. 

Desde A Estrada preséntase unha proposta dirixida a dinamizar e promover proxectos emprendedores.

  • Aula CeMIT de VIMIANZO: POSTA EN VALOR DA ARQUEOGASTRONOMÍA DE VIMIANZO EN INTERNET. 

Coa súa proposta, buscan a participación cidadá e a implicación de diferentes colectivos, para despregar toda unha estratexia de márketing e posicionamento na Rede, que poña en valor o patrimonio histórico e etnolóxico de Vimianzo, reforzando o impulso turístico do seu atractivo local.

  • Aula CeMIT de BOIRO: PLATAFORMA DE COMUNICACIÓN E INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO/CULTURAL DIRIXIDA A EMIGRANTES. 

Con esta proposta, a aula de Boiro  pretende abordar a necesidade social de comunicación con persoas emigrantes, conformando unha rede de contactos que permita o intercambio cultural e lingüístico.

  • Aula CeMIT de OROSO: MELLORA DA EMPREGABILIDADE DOS VECIÑOS DE OROSO. 

Proposta está dirixida a implementar – en estreita colaboración con desempregados, empresas e entidades locais – itinerarios formativos personalizados, sesións de mentorización  para a mellora da empregabilidade e convenios coas empresas locais para impulsar prácticas laborais en contornas reais.

  • Aula CeMIT de PADRÓN: SISTEMA DE AUTENTICACIÓN ALTERNATIVO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL. 

A aula CeMIT de Padrón proponse traballar no desenvolvemento dun sistema alternativo de autenticación aplicado ao uso do equipamento informático das Aulas da Rede CeMIT, dirixido a persoas con discapacidade intelectual, promovendo a accesibilidade e usabilidade no acceso deste colectivo aos recursos e servizos que a Rede ofrece.

  • Aula CeMIT de ABEGONDO: PROMOCIONA ABEGONDO. 

Neste caso, desde a aula de Abegondo, preséntase unha proposta dirixida a abordar o concepto de ‘marca’ local, a través da participación cidadá, facéndolles partícipes da promoción turística do concello.

  • Aula CeMIT de SAN SADURNIÑO: TEÑO UNHA GRANXA EN SAN SADURNIÑO. 

Desde a aula CeMIT de San Sadurniño  proponse abordar o reto social da posta en valor do coñecemento e experiencia dos nosos maiores a través da tecnoloxía. Valores, consellos, tradicións, transmitidas agora da man dos nosos maiores, a través de modernas tecnoloxías, que servirán para poñer en valor o municipio, o medio rural, o traballo no campo e a oportunidade que esta contorna aínda representa.

  • Aula CeMIT A Coruña: Eirís e BPMGG. INNOVACIÓN DIXITAL PARA A INCLUSION SOCIAL. 

Unha aposta conxunta, desenvolvida polas dúas Aulas CeMIT da Coruña (Eirís e a Bibilioteca Pública BPMGG) para abordar a procura de novas propostas metodolóxicas na alfabetización dixital e inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión.

Para máis información consulta a presentación do proxecto.

Preparados para o cambio. ¿E ti? ¿Anímaste a participar connosco en CeMIT-Innova?
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
03 Abril 2017
Un viaje seguro
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Oficina Técnica de Banda Larga
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Sugerencias y quejas | Aviso Legal | Le atendemos | RSS