A Aula CeMIT do Concello de Boiro presenta 7 cursos novos para novembro

Valoración 
Todavía sin votos.
VOLVER
ImprimirEnviar
15 Octubre 2015

Boiro, 15 de outubro de 2015. A Boiro, 15 de outubro de 2015. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, a Rede CeMIT, do Concello Boiro segue crecendo gracias aos veciños/as que se achegan as instalacións para aprender, e para desfrutar da aula aberta así como tamén diversas actividades que se realizan. A afluencia media das aulas situadas do Centro Social e de 950 visitas ao mes. Estas instalacións seguen co proxecto “Preto da Xente” onde podes conectarte por videoconferencia cos teus familiares e amigos no estranxeiro .

 

A partir do xoves 15 de outubro os/as interesados en participar na formación que se vai realizar no mes de novembro poden comezar a inscribirse nos seguintes cursos:

 

  • Protexe o teu ordenador (Nivel medio) o 3 e 4 de novembro de 10:30 a 12:30 horas

  • Non tires nada, véndeo en Internet o 5 e 6 de novembro de 10:30 a 12:30 horas

  • Programas de control Parental Os luns 9 e 16 de novembro de 19:30 a 21:30 horas

  • Redes Socias para pais/nais (Facebook/Twitter) Os luns 23 e 30 de novembro de 19:30 a 21:30 horas

  • Procesador de textos Writer do 10 ao 13 de novembro de 10:30 a 12:30 horas

  • Deseño gráfico con Inkscapeo (Nivel medio) do 17 ao 19 de novembro de 10:30 a 12:30 horas

  • Retoque de fotos con Gimp (Nivel medio) do 24 ao 27 de novembro de 10:30 a 12:30 horas

     

 

Para solicitar máis información e inscribirse nas citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Boiro sita no Centro Social de Boiro, rúa Poeta Manuel María, a través das páxinas web https://cemit.xunta.es e www.boiro.org, chamar ao teléfono 981842635, ou enviar un correo electrónico aos enderezos: cemit.boiro@xunta.es / axentetic@boiro.org, Axente TIC: Samuel Rodríguez Lado.

 

A Rede CeMIT

 

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

 

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente no existen próximas videoconferencias programadas
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS