Gran oferta de actividades gratuitas relacionadas con los dispositivos móviles en el aula CeMIT de Fisterra

Valoración 
Todavía sin votos.
VOLVER
ImprimirEnviar
Aula CeMIT Fisterra | 19 Febrero 2016

A vindeira semana darán comezo na aula CeMIT de Fisterra unha serie de actividades centradas todas elas no manexo e aproveitamento do Smartphone ou Tablet, así como consellos sobre un uso seguro dos mesmos. Cada día tratarase en profundidade unha temática diferente, resultando o calendario do seguinte xeito:

 

  • Martes 23 de febreiro, de 10:30 a 13:30, “Whatsapp e Skype: comunícate a través de internet”.

  • Mércores 24 de febreiro, de 10:30 a 13:30, "Trámites online: compras por Internet, pagos seguros e moito máis".

  • Xoves 25 de febreiro, de 10:30 a 13:30, “Redes sociais: facebook, twitter...”

  • Martes 1 de marzo, de 10:30 a 13:30, "Fotografía e vídeo dixital: edición e uso de aplicacións"

  • Mércores 2 de marzo, de 10:00 a 13:30, “Seguridade en Internet: precaucións e consellos nos dispositivos móbiles”.

  • Xoves 3 de marzo, de 10:30 a 13:30, “Viaxes e cultura: o teu smartphone, a túa mellor guía”.

  • Venres 4 de marzo, de 10:30 a 13:30, “A E-dministración: cita médica e máis trámites de forma autónoma a través de internet”.

As sesións, eminentemente prácticas e demostrativas, están dirixidas principalmente ás persoas maiores de 45 anos, ou a aquelas que teñen máis recelo no uso dos dispositivos móbiles, aínda que é aberta a tódolos públicos. O único requisito para asistir, son as ganas de aprender.

Ditos seminarios enmárcanse nun proxecto organizado por Fegaus en colaboración coa Fundación Vodafone España denominado Ágora Tecnología. O seu obxectivo é achegar ao colectivo sénior o uso das novas tecnologías. A metodoloxía que se empregará na aula será a videoconferencia, posto que o/a relator/a se atopará fisicamente cada un dos días nun campus universitario da xeografía galega.

Anteriormente na aula xa vimos de colaborar coa Fundación Vodafone, quen nos enviou 12 smartphones para o seu uso durante as clases, actividade moi populosa e con moita demanda entre os fisterráns.

Así que... se tes un smarpthone ou curiosidade por saber qué se pode facer coel... non o dubides e inscríbete!

Información e inscricións na Aula CeMIT de Fisterra, no correo cemit.fisterra@xunta.es ou no teléfono 673081740.

Fuente: CeMIT Fisterra
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
04 Febrero 2019
Talleres de reparación de vehículos: derechos y deberes de las personas usuarias
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Oficina Técnica de Banda Larga
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Sugerencias y quejas | Aviso Legal | Le atendemos | RSS