Videoconferencia - Marketing dixital para captar e fidelizar aos nosos clientes

O martes 14 de xuño de 2016, en horario de tarde (16:00 a 20:00 horas) terá lugar na Aula CeMIT de Ourense - La Molinera o seminario MARKETING DIXITAL PARA CAPTAR E FIDELIZAR AOS NOSOS CLIENTES

O dito seminario será impartido por Victor Gómez, Enxeñeiro industrial-especialidade en Organización Industrial pola Universidade de Vigo. Empresario e consultor de empresas durante máis de 15 anos e profesor asociado no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. Na actualidade desenvolve, desde Restauraccion, servizos de marketing para restaurantes e empresas gastronómicas.

O obxectivo desta actividade é dDar a coñecer as claves para chegar dun modo efectivo ao novo consumidor, de modo que a través da conversa dixital se poida captar e fidelizar os clientes.

Cal é o programa?

  • O novo consumidor dixital
  • As redes sociais como canle de comunicación empresarial
  • Contidos e conversación:
    • Estratexia de marketing de contidos
    • Tipos de contidos
    • Ferramentas para a xeración, clasificación, curación e programación de contidos
    • Claves na conversación 2.0
  • Reputación dixital e escoita activa

Inscrición:

As persoas interesadas que non podan desprazarse a aula CeMIT de Ourense poderán inscribirse para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando este listado no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación):

Máis información

Valoración 
Todavía sin votos.
VOLVER
ImprimirEnviar
02 Junio 2016
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente no existen próximas videoconferencias programadas
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS