La AMTEGA oferta nuevos cursos de formación a distancia gratuítos en su plataforma de teleformación

Valoración 
Todavía sin votos.
VOLVER
ImprimirEnviar
25 Octubre 2016

§  O único requisito para o súa realización é ser usuario/a da rede CeMIT

§  Contan coa posibilidade de descargar un diploma de realización asinado dixitalmente unha vez superada a proba de carácter presencial a realizar en diversas localidades con aula CeMIT

 

Santiago, 25 de outubro de 2016.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia de diferentes temáticas relacionadas coas TIC, e que están  aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/ema)

Esta iniciativa formativa está aberta a toda a cidadanía, sendo o único requisito para entrar na plataforma de teleformación o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode formalizarse a través de internet.

Os cursos, dunhas 4 - 10 horas de duración cada un deles, van estar abertos e vanse a poder realizar libremente e en calquera momento, sen necesidade de realizar convocatorias previas ao non estar titorizados.

Unha vez seguido todo o material que conforman o/s curso/s activaraselle ao alumno a opción do exame, proba  que terá que realizar OBRIGATORIAMENTE de forma presencial nun aula CeMIT;  unha vez superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un diploma de realización asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Os usuarios coñecerán antes do inicio de calquera acción formativa cales son as localidades donde poderán realizar as probas presenciais, e serán as propias aulas CeMIT de cada concello as que reservarán o espazo e programarán os días previstos para a avaliación, que será xestionada en todo momento pola Amtega.

Temáticas dos cursos

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na  Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal/ema

A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:

· Control parental
· Seguridade informática
· Uso do libro electrónico
· Uso da tableta
· Uso da cámara dixital
· Uso dos dispositivos electrónicos
· O correcto aproveitamento dos smartphone
· Cloud computing
· Comercio electrónico
· Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
· Vendas no muro
· Posicionamiento social
· Creación de blogs
· Redes sociais
· Administración Electrónica
· Trámites económicos na Internet
· Factura electrónica
· Tramitación electrónica e xestión de documentación
· Seguridade en compras virtuais
· Innovación social

O Espazo Multimedia de Aprendizaxe - EMA

A plataforma de teleformación coa que conta a rede CeMIT é  un sitio web específicamente diseñado para o aprendizaxe en liña, dotado dunha certa variedade e diversidade de recursos estructurados en tres grandes eixes: Alfabetización dixital (básica), Capacitación dixital (avanzada) e Innovación social.

A través de EMA, os usuarios e usuarias xa rexistrados da Rede CeMIT poden acceder a un  catálogo de accións formativas caracterizadas por ser cursos gratuítos todo o ano; o seu acceso desde calquera punto; a ausencia de matriculación nin de reserva de praza e a súa dispoñibilidade as 24 horas todos os días do ano.

Ademais de acoller actividades abertas, ven sendo utilizada para aloxar materiais dos cursos  que a través de videoconferencia  realizan diversas aulas CeMIT baixo a iniciativa “Banco de Tempo”, así como os contidos e as probas de avaliación  da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), tanto na súa versión autoformativa como de teleformación

No último ano procedeuse a actualizar esta plataforma ampliando ás súas prestacións a través de novos módulos e plugins (actividades, chats, tarefas, encuestas, etc) e reconfigurando a súa imaxe gráfica, tendo rexistrados soamente no ano 2016 o entrada de máis de 2.100 persoas a algún dos seus contidos.

O Plan de Formación da rede CeMIT

Os obxectivos previstos da Rede para 2017 son impartir 31.500 horas de formación dixital gratuíta e conseguir os 65.000 usuarios rexistrados.

As aulas CeMIT son un dos instrumentos fundamentais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, que a Amtega puxo en marcha este ano para facilitar non só a alfabetización dixital senón tamén unha capacitación máis avanzada no campo das TIC.

O plan é unha estratexia cimentada na cooperación, no consenso e na implicación de todos os axentes do ecosistema dixital, que conta co apoio de 700 aliados dixitais e que mobilizará máis de 7 millóns de euros de fondos públicos ata 2020 para abordar tres obxectivos.

O primeiro, continuar reducindo a fenda dixital e crear hábitos de uso das TIC entre aqueles que non as empregan (alfabetización dixital). O plan busca incrementar en 8 puntos (do 67% no día de hoxe ao 75% en 2020) a porcentaxe da poboación galega que acceda a Internet habitualmente.

En segundo lugar, incrementar os coñecementos dixitais dos que xa empregan as TIC. (capacitación dixital) O Plan reforzará os itinerarios formativos avanzados e o asesoramento á busca de emprego co apoio das TIC e, ademais, difundirá as oportunidades de emprego que ofrece o sector tecnolóxico.

O terceiro obxectivo é fomentar o uso das TIC como unha forma innovadora de resolución dos desafíos sociais, grazas a iniciativas de innovación social dixital.

A Rede CeMIT

A rede CeMIT conta cun total de 98 aulas, presentes en 92 concellos. Desde a súa posta en marcha pola Amtega, fai cinco anos, a Rede leva impartidas máis de 204.000 horas de formación gratuíta, principalmente en alfabetización e capacitación dixital a preto de 58.000 usuarios rexistrados.

A rede ofrece tamén formación especializada por colectivos grazas á súa colaboración co Centro Demostrador TIC, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública, retransmitindo xornadas e actividades a través da súa rede de videoconferencias.

Ademais, desde 2014, CeMIT é a rede habilitada para acreditar á cidadanía a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (Codix), da cal xa se examinaron máis de 1.900 persoas

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
17 Octubre 2017
Guía técnica y Proyecto tipo de Infraestructuras de Hogar Digital (IFD)
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Oficina Técnica de Banda Larga
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Sugerencias y quejas | Aviso Legal | Le atendemos | RSS