Listado de personas admitidas provisionalmente y de reservas -Curso Teleformación CODIX edición 2/2018

Valoración 
Todavía sin votos.
VOLVER
ImprimirEnviar
19 Junio 2018

Unha vez aplicado o resultado do sorteo publico das letras para establecer a orde de prelación das persoas inscritas con dereito a matriculación,  e de acordo coa base "Quinta.- Solicitudes de participación" da  Resolución do 30 de maio de 2018 (DOG nº 110), publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e reservas para o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación cara a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

As persoas seleccionadas na listaxe provisional de admitidas disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o vindeiro martes 26 de xuño, inclusive) para  realizar o pagamento de dez euros con vinte céntimos (10,20 euros) correspondente aos dereitos de exame ou, no seu caso, presentar o xustificante de exención, seguindo as instrucións que figuran no correo electrónico enviado ás persoas con dereito á matriculación.

As persoas que figuran na listaxe provisional de reservas serán convocadas individualmente pola orde establecida para cubrir as vacantes que se poidan producir, unha vez remate o prazo de matriculación dos primeiros inscritos (a partir do mércores 20 de xuño).

 
* Importante: Unha vez realizado o pagamento deberán achegar o xustificante do mesmo -ou da súa exención-  (unha fotografía de dito xustificante, un escaneo de imaxe, etc)  ao enderezo electrónico formacion-cemit@xunta.gal  para asegurar a reserva de praza e formalizar a súa matriculación.
Unha vez recibida nesa conta de correo a xustificación de pagamento, responderemoslle nun curto espazo de tempo confirmándolle a súa matriculación e dando por rematado o procedemento.
 
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente no existen próximas videoconferencias programadas
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Oficina Técnica de Banda Larga
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Sugerencias y quejas | Aviso Legal | Le atendemos | RSS