A Amtega e FEGAUS organizan en 17 aulas CeMIT un ciclo de seminarios online sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores

Valoración 
Todavía sin votos.
VOLVER
ImprimirEnviar
14 Septiembre 2018
  • A Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors (FEGAUS) é un dos aliad@s dixitais cos que conta o Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020
  • Dezasete localidades con aula CeMIT ofertan preto de 1500 prazas para introducir ás persoas maiores no uso de aplicacións e manexo dos recursos que nos ofrecen os móbiles
  • Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vai a iniciar un ciclo de doce charlas informativas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas preferentemente a persoas maiores, pero a que poden acudir todas as persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos na utilización dos dispositivos móbiles.

Os contidos, explicados dunha forma amena e sinxela, están orientados para que os asistentes saquen o máximo partido do uso habitual da tecnoloxía, novas aplicacións e recursos que facilitan a vida cotiá como o orientados á planificación de viaxes, os trámites electrónicos, a lectura, a fotografía e o vídeo, os pagos por internet ou as aplicacións relacionadas coa saúde e os coidados para una madurez mais activa.

Estas actividades informativas son gratuítas e desenvolveranse a razón de unha charla cada semana dende mediados de setembro ata decembro, en horario de 10:30 a 12:00 horas. Estas charlas poden seguirse en streaming dende calquera das dezasete aulas CeMIT que participan e que ofertan un total de 1500 prazas.

As aulas que retransmitirán algunha ou todas estas actividade son: Ames, Arzúa, Beariz, Betanzos, Carballedo, Cuntis, Fisterra, Guitiríz, Marín, Ortigueira, Padrón, Pontedeume, O Porriño, San Sadurniño, Santa Comba, Valga e Vilanova de Arousa.

É recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada unha dos seminarios ou inscribirse en calquera de ellas a través de internet no web https://cemit.xunta.es,  sendo o único requisito esixible o de ser usuario da rede CeMIT.

Aliad@s Dixitais

FEGAUS é un dos 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Amtega, ao que se poden adherir como tales a aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

FEGAUS (Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior) agrupa a 7 asociacións de alumnos e ex-alumnos dos Programas de Maiores dos 7 campus universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia: Santiago, A Coruña e Vigo, contando con arredor de 2.000 alumnos séniors.

CALENDARIZACIÓN DOS SEMINARIOS ONLINE:

SETEMBRO

19/09/2018 - Aprende a usar tu teléfono inteligente. Conoce su potencial y funcionalidades

26/09/2018 - Aplicaciones interesantes que no pueden faltar en tu teléfono. Escoje y selecciona las apps de tu interés

OUTUBRO

03/10/2018 - Recursos y utilización del navegador Google Chrome. Configura tu navegador y guarda tus búsquedas

10/10/2018 - Uso de Google Maps. Las mejores aplicaciones para tus desplazamientos y viajes

15/10/2018 - Fotografías con teléfonos inteligentes. Trucos y consejos prácticos para tu cámara digital

24/10/2018 - Qué es Facebook y cómo se utiliza. Busca y participa en grupos de tu interés

31/10/2018 - Aplicaciones para entrenar tu memoria a través de tu móvil. Ejercita y entrena tu mente

NOVEMBRO

07/11/2018 - Características de los dispositivos "conectados" y "wearables" (vestibles). Relojes inteligentes y cómo se usan

14/11/2018 - Aplicaciones móviles útiles en tus viajes. Gastronomía, ocio y cultura en tu móvil

21/11/2018 - Vídeo digital. Aprende a crear y editar vídeos con tu móvil

28/11/2018 - Lectura digital: recursos online y bibliotecas en Internet

DECEMBRO

12/12/2018 - Cómo utilizar YouTube y tener tu propio Canal para guardar los vídeos que te interesen

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente no existen próximas videoconferencias programadas
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Oficina Técnica de Banda Larga
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Sugerencias y quejas | Aviso Legal | Le atendemos | RSS