En cumprimento do establecido na base Sexta.- Criterios de selección da Resolución do 14 de xaneiro de 2019 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro) pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación, e unha vez realizado o sorteo público para a extracción das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade formativa, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:
· O resultado do sorteo así como as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda, será publicado no páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal) o 31 de xaneiro
· A Oficina CeMIT enviará ao correo electrónico persoal das persoas admitidas provisionalmente as instrucións do pagamento (ou de xustificación da exención) necesario para realizar a súa matricula, así como o prazo para a realización da mesma.
· Unha vez rematado o prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame (6 de febreiro), e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.
· As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS