Los servicios de asistencia técnica

Valoración 
Su voto: Nada Promedio: 1 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
15 Octubre 2019

Charla: OS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA

Luns, 4 de NOVEMBRO, de 12:00 a 13:00 horas

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial.

Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora - hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Para facilitar o acceso a esta actividade divulgativa, planificouse unha charla coa súa temática específica un luns de cada mes, sendo a próxima o día  4 de NOVEMBRO, en horario de 12:00 A 13:00 HORAS

OS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA

Temática:

Na maioría dos seguros de fogar e os propios de aparellos como caldeiras ou lavadoras adoita incluírse un servizo técnico de asistencia, cuxas utilidades moitas veces desaproveitamos por descoñecemento dos nosos dereitos como consumidores.

Nesta sesión, atendendo ao RD 58/1988, profundizaremos nos dereitos das persoas consumidoras nos servizos de reparación de aparellos de uso doméstico. Analizaremos a información necesaria sobre os nosos dereitos en canto a orzamentos, resgardos de depósito, garantías e como reclamar no caso de que sexan vulnerados; qué  implica un orzamento,  os dereitos de depósito, a garantía, queixas e reclamacións.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través dos seguintes enlaces para seguir o evento a través de videoconferencia que se emitirá nas aulas CeMIT das seguintes localidades (iráse actualizando esta listaxe no caso de que algunha aula máis solicite a súa participación), ou inscribirse presencialmente poñendose en contacto co axente responsable de seu concello:

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente no existen próximas videoconferencias programadas
Síguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Ahora más que nunca - Cruz roja
  • Centro demostrador TIC de Galicia
  • Espacio multimedia de aprendizaje
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Oficina Técnica de Banda Larga
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS