CeMIT
Publicada en CeMIT (http://cemit.xunta.gal)

Inicio > Listado de personas admitidas provisionalmente, excluídas y reservas - Examenes presenciales CODIX (ed. 2/2019)

Listado de personas admitidas provisionalmente, excluídas y reservas - Examenes presenciales CODIX (ed. 2/2019)

Valoración 
VOLVER
Listen to this page
22 Octubre 2019

Unha vez aplicado o resultado do sorteo publico das letras para establecer a orde de prelación das persoas inscritas con dereito a matriculación, publícase a listaxe de persoas admitidas provisionalmente, excluídas e en listaxe de agarda para a realización das probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, convocadas por Resolución do 3 de outubro de 2019  (DOG nº 195 do 14 de outubro) 

  • Listaxe de persoas admitidas provisionalmente (con dereito a matriculación) e en agarda  (serán chamadas en caso de quedar prazas libres unha vez rematado o primeiro prazo de matriculación)
  • Listaxe de persoas excluídas (en aplicación da base Cuarta.4, por ter presentada a súa solicitude en máis dunha localidade e/ou horario)
As persoas seleccionadas que figuran na listaxe de admitidas provisionalmente disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o vindeiro martes 29 de outubro, inclusive) para  realizar o pagamento de 10,37 € correspondente aos dereitos de exame -ou xustificar a exención de dito pagamento-, seguindo as instrucións que se lles envian por correo electrónico.
 
* Importante: Unha vez realizado o pagamento deberán achegar o xustificante do mesmo (unha foto, escaneo de imaxe, etc) ou, no seu defecto, o documento acreditativo da súa exención, ao enderezo electrónico formacion-cemit@xunta.gal para proceder a súa matriculación, que lle será comunicada a volta de correo nun prazo máximo dun día laborable.