07 Noviembre 2020
Publícase a listaxe definitva de persoas matriculadas para a realización das probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, convocadas por Resolución do 05 de outubro de 2020 (DOG nº 207), e que terán lugar os días 11, 12 e 13 e 15 de novembro.
* Importante para as persoas que asisten presencialmente:
-
É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.
-
As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade
-
Para realizar a proba de avaliación é necesario que cada participante lembre as súas credenciais de acceso á rede CeMIT. Por norma xeral, o seu usuario é o seu NIF; no caso de que esquecese a contrasinal ou desexe cambiala poderá facelo AQUÍ
-
Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos nin de ningún material adicional durante o desenvolvemento das probas de avaliación.
Proba de avaliación:
Preguntas tipo test: número
|
Tempo dispoñible: minutos
|
Intentos
|
Respostas incorrectas: desconto
|
Superación: porcentaxe
de respostas correctas
|
50
|
90
|
Un
|
Non
|
60 %
|