Formulario de inscrición á Xornada Final de Tech Kids

Sentimos informar que actualmente xa non hai prazas dispoñibles para participar na actividade.

Se tes entre 10 e 17 anos e estás interesado/a en participar nas seguintes actividades, cubre o formulario de inscrición para a “Xornada Final de Tech Kids” do día 27 de outubro no Salón de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela) de 11:00 a 14:30:

  • Tech Escape Room (1º Premio #Apuntastech?): xogo de escape onde se potencia o traballo cooperativo e colaborativo a través da resolución de enigmas e crebacabezas.
  • Drone Led Racing (Pilotaxe de drons): disfruta da experiencia de voar e pilotar drons mentres se aprenden aspectos técnicos e da contorna de xeito atractivo.
  • Microbit Experience: obradoiro para a realización de divertidos programas para crear emojis en movemento, enviar mensaxes secretos entre microbits (pequenos ordenadores programables), ademais de programar varios xogos como o de cara ou cruz ou realizar un dado electrónico.
  • Leap Motion (Obradoiros formativos): sensor de movemento controlado por ordenador mediante xestos no aire onde debuxar, mover estruturas e construír coas túas mans o que se nos vai reflexando no videoxogo.
  • Electric Paint (Tecnoloxía xestual): experimentos con pintura condutiva que funciona sobre multitude de superficies como a roupa, os mobles, as paredes e tela.
  • A maxia do cine (Chroma Key): obradoiro onde os/as nenos/as poderán converterse en protagonistas do súa propia aprendizaxe mediante a realización de escenas das súas películas favoritas a través da creación dun escenario virtual.

De xeito simultaneo, en horario de 12:00 - 14:00 realizaranse as seguintes conferencias:

  • Converte o mundo dos videoxogos e a animación 3D no teu futuro profesional: conferencia de Manuel Mejide, director de Mundos Dixitais. Explicaranos as posibilidades profesionais que ofrece a tecnoloxía e os contidos dixitais.
  • Como traballar para Mark Zuckerberg e non morrer no intento: conferencia de Raúl Rocha, CEO & Cofundador Illusorium Studios. Contaranos a experiencia de traballar par aun proxecto de Facebook directamente co seu creador.
     

Para máis información accede ao Programa da actividade.Todas as persoas participanes recibirán unha bolsa de pícnic e poderán desfrutar dunha zona de xogos

As inscricións xestionaranse por rigorosa orde de chegada ata o venres 25 de outubro ás 14:00 horas. Ata o mércores 16 de outubro terán prioridade de inscrición os rapaces e rapazas que participaron nas actividades do Programa Tech Kids durante o verán de 2019, e a partir desta data, asignaranse as prazas dispoñibles a todos os rapaces e rapazas interesados/as.

Ao solicitar a súa inscrición está aceptando as condicións recollidas no Aviso legal e na Política de privacidade.

 
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS