Presentación curso "Sé dixital" en colaboración con Orange
CentroAula CeMIT Beariz
Data inicio03 Abril 2018
Data fin de inscrición03 Abril 2018
TipoloxíaFormación para Empresari@s e Emprendedor@s
Horario12:30-13:30
Prazas totais6
Prazas libres2
Solicitudes de inscrición4
Número total de horas:1
Idade mínima requerida16
Idade máxima85
Presentación dunha actividade formativa que se vai a realizar en colaboración con Orange e a Escola de Organización Industrial (EOI), acto que será retransmitido a través de videoconferencia.
Sé dixital é un curso gratuíto online de 6 semanas de duración cun enfoque centrado na aplicación de conceptos e nas ferramentas dispoñibles para desenvolver habilidades dixitais para mellorar as túas actividades profesionais, emprender ou facer negocios dende a túa localidade.
O programa conta con expertos e especialistas de renome, que responderán a cuestións como:
• Que preciso saber para ser dixital?
• Como podo facer negocios dixitais dende a miña cidade?
• Como impacta a tecnoloxía nos novos modelos de negocio?
• Como promocionar o meu negocio dende a miña cidade?
• Como podo financiar o meu negocio?
• Outras oportunidades de negocio no ámbito dixital.
O alumnado que complete a formación obterá un Certificado oficial da EOI (Escola de Organización Industrial)
Para máis información, podedes consultar a seguinte ligazón: http://sedigitalylanzate.es/#se-mas-digital