Taller ao lado dos nosos maiores: uso do móbil e tableta
CentroAula CeMIT Cuntis
Data11 Maio 2018
Data fin15 Maio 2018
TipoloxíaDispositivos móbiles
NivelMedio
Horario11:30-13:30
Prazas totais14
Solicitudes de inscrición14
Número total de horas:4
Idade mínima requerida16
Idade máxima99
O obxectivo principal desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.
Os contidos a tratar serán como acceder ás redes móbiles e wifis, enviar e recibir WhatsApp, enviar fotos, vídeos e mensaxes, gardar os contactos e todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono ou a tableta.
Iniciativa realizada en colaboración co aliado dixital Orange.