CeMIT-Innova é un proxecto colaborativo posto en marcha pola AMTEGA no 2015, para o fomento da Innovación Social Dixital en Galicia, no marco da Estratexia de Inclusión Dixital da Xunta de Galicia e alineado coa Axenda Dixital 2020.
Este proxecto impulsa unha nova forma de traballar desde a Rede de Aulas CeMIT, ás que queremos dar protagonismo dentro da súa contorna local, co obxectivo de que innovadores/as, usuarios/as e comunidades locais, colaboren utilizando as tecnoloxías dixitais para co-crear coñecemento e solucións para unha ampla gama de retos e necesidades sociais, nunha escala que antes das TIC e Internet era inimaxinable.
Obxectivos estratéxicos
3ª Edición CeMIT-Innova 2017
Presenta candidatura (Pechada)
Inscrición ao 3º encontro (Pechada)
Dez aulas liderarán de novo estes pilotos, cos que se validará unha metodoloxía participativa na resolución de desafíos sociais. Animámoste a participar nunha, co obxectivo de que xurdan esas ideas que te convertan en líder dun cambio compartido cos teus veciños e veciñas.
Inscrición (Pechada)
Inscrición (Pechada)
Inscrición (Pechada)
A continuación expóñense os criterios que se terán en conta á hora de seleccionar as aulas CeMIT-Innova 2017 que se presenten.
Formulario inscrición proxectos (Pechada)
Vídeo emitido durante a celebración do III Encontro CeMIT-Innova 2017 celebrado o 7 de marzo, no que se mostran os desafíos e os logros dos proxectos da segunda edición de CeMIT-Innova 2016.
Aula |
Proxecto de Innovación Social Dixital |
Aula CeMIT Bande |
Creación dun Blog na páxina web do Concello de Bande Proxecto para dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no Concello a través das persoas maiores.
|
Aula CeMIT Boborás |
Potenciar o turismo rural existente no Concello de Boborás. O turismo rural representa un motor económico importante, a maiores de dar a coñecer o Concello e todo o potencial co que conta, cunha aldea Conxunto Histórico-Artístico, con igrexas románicas, pontes medievais, rutas de sendeirismo -que permiten manter a fusión entre natureza, arte e patrimonio-, augas termais, danzas e folclores tradicionais.
|
Aula CeMIT Brión |
Proxecto Andarela. A idea é incluír as novas tecnoloxías como unha ferramenta na formación dos primeiros anos de vida dos nenos e nenas.
|
Aula CeMIT Carballedo |
As TIC como ferramentas útiles para o sector agrario. Analizar a situación do campo en Carballedo, entrevistar, facer enquisas para saber que queren, que necesitan e que sería útil, para propoñer melloras. Formación en novas tecnoloxías: Aplicacións para móbiles (medición de fincas, xestión de explotacións, cultivos...), trámites online...
|
Aula CeMIT Catoira |
Igualdade de xénero no campo dixital, ciberacoso, violencia de xénero e micromachismos. Búscase concienciar á poboación sobre temas relacionados coa igualdade de xénero no campo dixital a través de situacións cotiás.
|
Aula CeMIT Cuntis |
Actividades inclusivas nas que poderán participar persoas maiores con discapacidade e nenos e nenas, todos eles plenamente integrados. Os maiores aprenden a publicar nun Blog as actividades que os menores fan (impresión 3d, tablets...) e a publicar os seus vídeos, editalos e comentar as actividades dos peques e os nenos e nenas tamén poden axudar aos maiores no uso da impresora 3D, tablets.
|
Aula CeMIT Narón |
Posta en valor dos produtos do campo, do traballo dos agricultores e das actividades artesanais. Todo isto tendo como referencia o territorio de O Val e utilizando os recursos da Aula CeMIT.
|
Aula CeMIT de Oroso |
Plataforma “Fórmate e comparte”. É un proxecto de carácter social, educativo e cultural que tratará de ofrecer formación destinada a todo o mundo interesado en ampliar coñecementos en diferentes materias TIC e a través de metodoloxías diferenciadas. Preténdese posibilitar a formación e cultura e difundir coñecemento de xeito libre.
|
Aula CeMIT de Ourense |
YES I CAMP Consiste en facer campamentos tecnolóxicos para persoas maiores, nos que poidan aprender ao tempo que se divirten e se relacionan. Nestes campamentos as persoas maiores poderán vir acompañadas dos seus netos e netas, favorecendo así as relacións interxeneracionais que enriquezan tanto a novos como a maiores, mediante o intercambio de experiencias e coñecementos. Estes campamentos contarán con obradoiros tecnolóxicos, pero tamén con obradoiros máis lúdicos.
|
Aula CeMIT de Santa Comba |
Creación dunha páxina Web para promocionar o Concello de Santa Comba. O obxectivo e dar a coñecer os lugares emblemáticos, así como os distintos produtos que se poden encontrar na súa contorna. Ademais queren involucrar á cidadanía neste proxecto: indicándolles as zonas máis emblemáticas das súas parroquias, con fotos e vídeos.
|
2ª Edición CeMIT-Innova 2016
Inscrición (Pechada)
Solicitude de participación en CeMIT-Innova 2016 (Pechada)
Consulta o Informe-Resume de CeMIT-Innova 2016
Este proxecto desenvolveuse na súa primeira edición no ano 2015, con 10 aulas da rede CeMIT como experiencias piloto para poñer en marcha proxectos de Innovación Social Dixital, impulsados polos axentes TIC no territorio, e para converterse en lugares de diálogo e debate cidadán, para vertebrarse socialmente e coa tecnoloxía como ferramenta.
CeMIT-Innova pon en valor a intelixencia social, a participación cidadá e a experiencia tecnolóxica nas aulas CeMIT en torno á Innovación Social Dixital como modelo de interacción e apoio para a superación dos desafíos do contexto social inmediato.
Se queres formar parte deste proxecto, por favor, consulta aquí as condicións de participación.
De entre as 20 propostas presentadas por as aulas CeMIT, estas son as 10 seleccionadas para a súa participación no proxecto CeMIT-Innova:
"Verín Hacklab" pretende ser un espazo físico de encontro, debate, aprendizaxe e difusión sobre diferentes usos sociais da tecnoloxía.
Parten da idea de desenvolver unha aplicación móbil, que facilite aos agricultores locais tanto tarefas básicas de xestión, como o acceso a información de interese. Está focalizaa en atender as necesidades dun sector ata agora fose do grupo de usuarios ‘habituais’ da Rede CeMIT.
Desde A Estrada preséntase unha proposta dirixida a dinamizar e promover proxectos emprendedores.
Coa súa proposta, buscan a participación cidadá e a implicación de diferentes colectivos, para despregar toda unha estratexia de márketing e posicionamento na Rede, que poña en valor o patrimonio histórico e etnolóxico de Vimianzo, reforzando o impulso turístico do seu atractivo local.
Con esta proposta, a aula de Boiro pretende abordar a necesidade social de comunicación con persoas emigrantes, conformando unha rede de contactos que permita o intercambio cultural e lingüístico.
Proposta está dirixida a implementar – en estreita colaboración con desempregados, empresas e entidades locais – itinerarios formativos personalizados, sesións de mentorización para a mellora da empregabilidade e convenios coas empresas locais para impulsar prácticas laborais en contornas reais.
A aula CeMIT de Padrón proponse traballar no desenvolvemento dun sistema alternativo de autenticación aplicado ao uso do equipamento informático das Aulas da Rede CeMIT, dirixido a persoas con discapacidade intelectual, promovendo a accesibilidade e usabilidade no acceso deste colectivo aos recursos e servizos que a Rede ofrece.
Neste caso, desde a aula de Abegondo, preséntase unha proposta dirixida a abordar o concepto de ‘marca’ local, a través da participación cidadá, facéndolles partícipes da promoción turística do concello.
Desde a aula CeMIT de San Sadurniño proponse abordar o reto social da posta en valor do coñecemento e experiencia dos nosos maiores a través da tecnoloxía. Valores, consellos, tradicións, transmitidas agora da man dos nosos maiores, a través de modernas tecnoloxías, que servirán para poñer en valor o municipio, o medio rural, o traballo no campo e a oportunidade que esta contorna aínda representa.
Unha aposta conxunta, desenvolvida polas dúas Aulas CeMIT da Coruña (Eirís e a Bibilioteca Pública BPMGG) para abordar a procura de novas propostas metodolóxicas na alfabetización dixital e inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión.
Para máis información consulta a presentación do proxecto.
Inscrición (Pechada)
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS