Esta é a páxina principal da súa Aula CeMIT, unha das numerosas aulas públicas existentes en Galicia que ten a finalidade de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica dos seus habitantes.
Nesta sección poderá coñecer a actualidade da súa aula e o catálogo de actividades (cursos e charlas) programados para as próximas semanas.
Ademais, e grazas á información de contacto, poderá coñecer a localización da súa Aula CeMIT máis próxima e contactar co Axente TIC, que é aquela persoa encargada de xestionar a aula e quen mellor lle poderá informar acerca de todas as actividades planificadas.