Próximos cursos de alfabetización dixital en Sarreaus para o mes de novembro

Comezo de 2 novos cursos en novembro

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Sarreaus | 24 Outubro 2011

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE SARREAUS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NO MES DE NOVEMBRO


 

Sarreaus, 20 de outubro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Sarreaus celebrará 2 cursos no vindeiro mes.

Os dias 2, 3 e 4 de novembro celebrarase o curso de “Alfabetización dixital: Administración Electrónica”, co que se pretende ao finalizar ser capaz de: Explicar que é a Administración electrónica; acceder ao portal da Administración Pública española e coñecer que servizos nos ofrece; obter un certificado dixital; e saber manexar algúns dos servizos en liña máis utilizados que ofrece virtualmente a administración electrónica. O horario será de 16:00 a 17:30.

Os días 23, 24 e 25 de novembro o curso “Alfabetización dixital: Banca Electrónica”, co que se pretende ao finalizar ser capaz de recoñecer as vantaxes que ofrece a banca pola Internet; identificar un sitio seguro para realizares as transaccións económicas oportunas; coñecer, localizar e poñer en práctica os principais servizos que ofrecen as entidades bancarias a través da Internet. . O horario será de 16:00 a 17:30 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao aula Cemit de Sarreaus, chamando ó tlf 988454002, a través da paxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.sarreaus@xunta.es

NOTA: si se desexan cursos noutros horarios rógase que o comuniquen nos medios anteriormente citados.


 

 

Fonte: Axente TIC
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS