Próximos cursos de alfabetización dixital en Sarreaus para o mes de decembro

Comezo de 3 novos cursos en decembro

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 2 (4 votos)
VOLVER
ImprimirEnviar
Sarreaus | 24 Novembro 2011

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE SARREAUS CELEBRARÁ 3 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NO MES DE DECEMBRO


 

Sarreaus, 20 de novembro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Sarreaus celebrará 3 cursos no vindeiro mes.

Os dias 30 de novembro, 1 e 2 de decembro celebrarase o curso de “Alfabetización dixital: Redes Sociais”, co que se pretende ao finalizar coñecer o fenómeno das Redes Sociais e a súa orixe; recoñecer algúns exemplos de Redes Sociais e manexar de maneira básica o Facebook. O horario será de 16:00 a 17:30h.

Os días 14, 15 e 16 de decembro celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Comunícate cos teus familiares a través de Internet”, co que se pretende ao finalizar coñecer os tipos de canles e comunicacións e as suas vantaxes; e identificar e manexar distintas ferramentas de comunicación en diversos medios. O horario será de 16:00 a 17:30 horas.

Os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Procesador de textos Writer”, co que serás capaz ao finalizar de crear e editar un documento de texto;darlle formato a un documento de texto;organizar un documento con imaxes e textos;crear e xestionar táboas de datos, etc. O horario será de 16:00 a 17:30 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao aula Cemit de Sarreaus, chamando ó tlf 988454002, a través da paxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviando un correo electrónico ao enderezo cemit.sarreaus@xunta.es

NOTA: si se desexan cursos noutros horarios rógase que o comuniquen nos medios anteriormente citados.


 

 

Fonte: Axente TIC
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS