Próximos cursos de alfabetización dixital en Sarreaus para o mes de marzo

Comezo de 3 novos cursos en febreiro

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Sarreaus | 28 Febreiro 2012

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE SARREAUS CELEBRARÁ 3 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NO MES DE MARZO

 

Sarreaus, 20 de febreiro de 2012. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Sarreaus celebrará 3 cursos no vindeiro mes.

Os dias 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo celebrarase o curso de “Alfabetización dixital: Redes Sociais”, co que se pretende ao finalizar coñecer o fenómeno das Redes Sociais e a súa orixe; recoñecer algúns exemplos de Redes Sociais e manexar de maneira básica o Facebook. O horario será de 16:00 a 18:00h.

Os días 7, 8 e 9 de marzo celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Comunícate cos teus familiares a través de Internet”, co que se pretende ao finalizar coñecer os tipos de canles e comunicacións e as suas vantaxes; e identificar e manexar distintas ferramentas de comunicación en diversos medios. O horario será de 16:00 a 18:00 horas.

Os días 14,15,16,21,22,23,28,29 e 30 de marzo celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Procesador de textos Writer”, co que serás capaz ao finalizar de crear e editar un documento de texto;darlle formato a un documento de texto;organizar un documento con imaxes e textos;crear e xestionar táboas de datos, etc. O horario será de 16:00 a 18:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Sarreaus sito na Biblioteca Pública Municipal na c/Praza do Toural S/N , chamando ó tlf 988454002 ,a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviando un correo electrónico ao enderezo:cemit.sarreaus@xunta.es

NOTA: si se desexan cursos noutros horarios rógase que o comuniquen nos medios anteriormente citados.

Fonte: Axente TIC
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS