A AULA CEMIT DE ARES SERÁ UNHA DAS SEDES QUE PORA A DISPOSICIÓN O CONCELLO PARA OS CURSOS DA REDE XIANA

A Deputación de a Coruña vai desenvolver en colaboración co Concello de Ares accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos Concellos de Ares, Fene, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.

    A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

    O Concello de Ares achega as súas instalacións muncipais para a impartición das accións formativas de Capacitación, Preformación e Formación Complementaria.

    As persoas participantes formarán parte dos itinerarios fomativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos que poderán recibir a formación adecuada as súas necesidades formativas e a orientación e tutorización individualizada ao longo de todo o itinerario.

    O prazo de inscripción comenzará o día 15 de abril de 2013 e rematará o 3 de maio de 2013.

    Para recibir información e realizala inscripción, se poden dirixir as Axencias de Emprego e de Desenvolvemento Local dos Concellos que integran dito proxecto.

    O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en términos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
15 Abril 2013
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS