A AULA CEMIT DE ARES COLABORA NOS CAMPAMENTO URBÁN DEPORTIVO 2013

  Disporanse 60 prazas por quincena. Establecense tres quendas correspondendo cos meses de xullo e primeira quincena de agosto. O período de inscripcións será dende o día 15 de xuño en adiante ata rematar as prazas. A primeira quenda será do 1 ao 15 de xullo, a segunda quenda será do 16 ao 31 de xullo, e a terceira será do 1 ao 15 de agosto. Existe a posibilidade no momento da inscripción, de apuntarse a máis dunha quincena previo pago por adiantado do importe. Non se reservarán inscripcións dunha quincena para a outra, sendo preciso inscribirse formalmente nos períodos antes suliñados. Para información e inscripcións pasar polo Pavillón Deportivo Municipal, de luns a venres de 9:30 a 13:00 horas. Tamén no teléfono 981468562 ou na web municipal en www.concellodeares.com.

 Estabelecense os seguintes importes polo Campamento: 30 €/quenda empadroad@s e 50 €/quenda non empadroad@s). Os ingresos faranse no número de conta de Banco Pastor: 0072-0128-55-0000101082. A partir do segundo membro da unidade familiar: 20 €/quenda empadroad@s, e 40 €/quenda non empadroad@s. Familias numerosas 50% en todas as inscripcións (Descontos non acumulables). IMPORTANTE: Indicar no concepto
do ingreso: Campamento Urbán de Ares e o nome do participante.

 Cada xornada comenzará ca recepción ós nenos/as ás 10:30 da mañá no Pavillón Deportivo, ou na zona de praia habilitada para as actividades no areal. Dende ese momento permanecerán sempre en grupos de idades cun monitor ou monitores responsables de cada grupo, ata o remate da xornada ca recollida dos participantes polos pais/nais ou titores que farase as 13:30 no punto de reunión estabelecido. No caso de que os participantes cheguen por libre á xornada ou marchen eles sós, deberán comunicalo previamente ós responsabeis no momento da inscrición no campamento, cubrindo unha
autorización ó efecto. Nos demáis casos a persoa que leve ou recolla ós nenos identificarase ós monitores.

 Os grupos de idades que se estabelecen son os que seguen: Grupo A: De 7 a 8 anos. Grupo B: De 9 a 10 anos. Grupo C: De 11 a 12 anos. No caso de considerar a posibilidade por razón de número de inscritos/as poderanse facer só dous grupos quedando: Grupo A: De 7 a 9 anos. Grupo B: De 10 a 12 anos. ( Poderán tomar parte nen@s que teñan 7 anos ou os cumplan antes de rematar o ano 2012).

 Disporase de 15 min. para a baixada dende o Pavillón á praia, debendo ir todo o grupo co monitor responsable que adoptará as medidas de seguridade e control axeitadas á situación.Aproveitando ese intre, tódolos rapaces poderán tomar algún tentempé. Cando a xornada comenze na praia, farase unha pausa de 15 min. no cambio de actividade.
 Nunha das xornadas semanais e durante toda a semana ( no planing figura os luns pero poderá ser noutro dos días da semana) levaranse a cabo actividades na natureza ( remo, vela, sendeirismo, tiro con arco).

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Ares (A Coruña) | 20 Xuño 2013
Fonte: Web Concello de Ares
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS