A Rede CeMIT continúa en Santa Mariña os seus cursos itinerantes de iniciación

Se queda xente por ir á aula de informática, será a aula de informática quen vaia á procura da xente. Así se pode resumir o traballo emprendido este pasado mes de setembro pola alfabetizadora dixital do Concello. Ademais de impartir cursos na aula de San Sadurniño, agora tamén se trasladan ás parroquias. A primeira foi Naraío durante o mes de setembro e agora tócalle a Santa Mariña onde, ata o 31 de outubro, 15 persoas darán os seus primeiros pasos co ordenador e internet.

As prazas en Santa Mariña están todas cubertas nunha acción formativa pensada principalmente para persoas de certa idade que nunca antes tiveran contacto coas TIC. Saber o que é un ordenador, como se prende, coordinar a man e o ollo para levar o punteiro do rato ao lugar que se quere... cousas que para a maioría de nós son habituais e case naturais pero que para moita xente son toda unha novidade. De aí que estes cursos itinerantes comecen sempre con sinxelos exercicios para afacerse á tecnoloxía e para deixar de lado o tantas veces escoitado "eu xa teño moitos anos como para poñerme agora con iso...estas cousas están ben para a juventú!".

En Naraío foron 11 persoas quen se botaron para adiante. Case todas mulleres e algunha delas cos oitenta feitos hai xa ben tempo. A experiencia foi un éxito que, seguramente, se repita ao longo deste mes de outubro en Santa Mariña do Monte. Ademais de aprender os rudimentos da informática e da navegación por Internet, os cursos tamén son un pretexto para continuar agrandando o proxecto falamedesansadurnino.org, onde os participantes volcan os seus recordos a través de fotos, documentos e testemuños falados.

Despois de pasar por Santa Mariña, o curso itinerante irá a Bardaos, onde aínda quedan prazas libres. Xa para o mes de decembro programarase outro obradoiro semellante en Ferreira. Chegado o tempo a Rede CeMIT e o Novas darán cumprida información sobre os días, os horarios e as inscricións.

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
08 Outubro 2013

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse a:

Aula CeMIT do Concello de San Sadurniño, na Casa de Cultura

Avenida Marqués de Figueroa Nº 11 – San Sadurniño

A través da web https://cemit.xunta.es/

Ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.sansadurnino@xunta.es

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
06 Novembro 2017
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS en materia de consumo
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS