Próximo taller no Cemit de Ponteareas

A aula Cemit de Ponteareas organiza un taller de retoque de fotografía, que se vai a levar a cabo durante o mes de novembro. Cunha duración de 12 horas lectivas e 2 días a semana. O horario do taller é de 11:00 a 12:30 horas, os luns e mércores.

Descrición do taller:

Sácalle o máximo partido as túas fotografa dixitais. Aprende a realizar os retoques fotográficos máis comúns usando o software de deseño gráfico libre máis potente.

Adquire os coñecementos e habilidades básicas que che permitan realizar axustes e retoques das túas fotografías con soltura e de xeito cómodo con Gimp, o programa libre de retoque fotográfico máis funcional. Aprende, paso a paso, a recortar, escalar, engadir texto, axustar, cores e moitas cousas máis...

O Taller está enfocado a calquera usuario novel no deseño gráfico. Este taller é ideal tanto para persoas con coñecementos escasos ou nulos sobre a materia, así como a usuarios doutros programas de deseño gráfico que queiran iniciarse no dominio de Gimp como nova ferramenta.                            

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
30 Novembro 2013
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS