NESTE ANO 2013 OFERTÁRONSE 834 PRAZAS NOS 67 CURSOS/ACTIVIDADES REALIZADOS NA AULA CEMIT DO CONCELLO DE O BARCO

NESTE ANO 2013 OFERTÁRONSE 834 PRAZAS NOS 67 CURSOS/ACTIVIDADES REALIZADOS NA AULA CEMIT DO CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS IMPARTINDO UN TOTAL DE 1329 HORAS. E TAMÉN SE REALIZARON 258 NOVAS ALTAS DE USUARIOS NO CENTRO.

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
17 Decembro 2013

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello O de O Barco de Valdeorras impartiu 67 actividades no ano 2013.

A aula CeMIT de O Barco de Valdeorras, dedicada ao fomento das TIC, pecha o ano cun gran balance de actividades. Dende o pasado mes de xaneiro ata finais desta semana desenvolvéronse 67 cursos co fin de achegar á cidadanía de todas as idades as novas tecnoloxías e os recursos que estas ofrecen para facilitar o día a día a cidadanía.

Nestes doce meses, impartíronse un total de 1329 horas de formación, ás que é preciso sumar os espazos de aula aberta (1070) dos que puideron gozar, de xeito gratuíto, todos os veciños e veciñas con concello de Valdeorras e arredores, para consultar dúbidas ou acceder á internet. Neste ano 2013 un total de 834 persoas participaron nas diferentes actividades formativas coas que contou esta aula.

As actividades realizadas foron de temáticas moi variadas dende cursos básicos de iniciación a informática, Internet e correo electrónico. A cursos máis específicos como retoque de fotografía ou creación de vídeos. Tamén se impartiron cursos de alfabetización dixital para as asociacións MOREA (Asociación de familiares y personas con enfermedades mentales) e ASFAVAL (Asociación de familiares de personas con discapacidad intelectual de Valdeorras), para que todos os cidadáns conten coas mesmas oportunidades a hora de utilizar as TIC para a súa vida persoal e profesional.


 

Aula CeMIT do Concello de O Barco de Valdeorras, no Edificio Multiusos

 

Plaza do Concello nº 2, 2º Andar – O Barco de Valdeorras

 

A través da páxina web https://cemit.xunta.es/

 

Ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.obarco@xunta.es

Fonte: Axente TIC
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS