curso en aula cemit betanzos

CeMIT Betanzos en cifras. Ano 2013

Ao longo deste ano, a aula rexistrou 282 novas altas (o número total de usuarios/as ascende a 953 -388 homes e 565 mulleres-) das cales o 52, 13% foron mulleres e o 47,87% homes. En canto á clasificación por idade, o 5,32% foron menores de 15 anos, o 9,93% tiñan entre 16 e 25 anos, o 27, 66% entre 26 e 40 , o 47, 52% entre 41 e 65 e o 9,57% eran maiores de 65 anos. A idade media foi de 42 anos.

Con respecto ao nivel de coñecementos, o 21,63% sen coñecementos, o 37,23% coñecementos básicos, 35, 82% nivel usuario e 5, 32% nivel técnico/avanzado.

No relativo a actividades levadas a cabo na Aula, os datos foron os seguintes:

  • 34 cursos, clasificados por tipoloxías: 15 formación dixital básica, 4 ofimática, 4 redes sociais, 3 formación para persoas desempregadas, 2 produción audiovisual, 2 retoque fotográfico, 1 e-administración, 1 operacións en internet, 1 ocio na internet, 1 imaxe e audio e 1 deseño gráfico. O número de horas de formación ascendeu a 346 e o número de participantes totais (cuxa asistencia superou o 80% do curso) foi de 225.
  • 6 charlas, ofertadas a través de videoconferencia, sobre diferentes temáticas: motivación ao emprendemento feminino no ámbito da fotografía; internet e redes sociais no eido empresarial; aplicacións android; creación de videoxogos; internet e menores; e hábitos de vida saudables. O número de participantes foi de 41.
  • 14 actividades de entidades externas, tales como Cruz Roja, Servizo de Orientación, Deputación de A Coruña ou volunturiadodixital.org.
  • Aula Aberta. Este seguiu a ter moi boa acollida entre a poboación, xa que de media foron entre 20 e 30 persoas/día as que fixeron uso del.

Ao marxe dos números, ao longo do ano 2013, destacar varios aspectos:

  • Colaboracións con outros Departamentos do Concello para a organización de actividades conxuntas. Así, a máis de co Servizo de orientación e emprego (que xa viña sendo habitual), traballouse coa OMIX e co Servizo de Informática. No primeiro caso, con escaso éxito, xa que as actividades propostas para a mocidade non tiveron a acollida esperada. No segundo, houbo unha ampla participación entre as e os traballadores do Concello, para os que se programaron cursos específicos en relación as tarefas que desenvolven no seu posto de traballo.
  • Colaboracións con outras entidades, como foi o caso de ACEBE, de cara a proposta e implementación de actividades perante necesidades detectadas por estas.
  • Ofertar a oportunidade de asistir a cursos de nivel avanzado ou de contidos moi específicos sen ter que trasladarse de Betanzos. Isto foi posible mediante videoconferencia.
  • Participación en iniciativas de nivel nacional, como foi o caso do Programa Miradas de Mujer.
Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 5 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
CeMITT Betanzos | 20 Decembro 2013

En resumo, no ano 2013, ao igual que os anos anteriores, a aula acolleu múltiples e diversas actividades co obxecto de responder ás necesidades detectadas e ás demandas, tanto de particulares como de entidades. Todo isto fixo do centro un referente social no concello.

Fonte: Axente TIC
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS