A Aula CeMIT de San Sadurniño impartirá un curso de iniciación á Internet en Igrexafeita no mes de marzo

A Rede CeMIT continúa co seu programa de formación itinerante polas parroquias. Despois de impartir pasar nos últimos meses por Naraío, Santa Mariña, Bardaos, Ferreira, Lamas e o Camiño Arriba, agora os cursos de informática chegan a Igrexafeita. No mes que entra os veciños e veciñas desta parroquia poderán aprender conceptos básicos sobre o ordenador e a navegación por Internet. Ademais, igual que ocorreu nos outros sitios, tamén practicarán sobre a plataforma colaborativa "Fálame de San Sadurniño".

O curso titúlase "Primeiros pasos na informática e Internet" e terá unha duración de 20 horas repartidas en sesións de hora e media de duración os luns, mércores e venres. A alfabetizadora dixital, Carmen Suárez, planificou as xornadas con dous horarios para dous grupos, un desde as 10 ás 11.30 horas e outro de 11.30 a 13.00 horas.

Esta acción formativa vai dirixida a persoas que nunca sentasen diante dun ordenador ou que nunca navegasen pola Rede, aínda que tamén está aberta a quen teña algunha noción básica e queira aprender un pouco máis. Empezarase de cero: que é un computador, como se prende, que cousas aparecen na pantalla e para que serve cada unha delas, de que vai isto de Internet, como buscar información, ou como crear unha conta de correo son algúns dos aspectos que se abordarán con cada grupo.

Queda pouco tempo para apuntarse e tamén quedan poucas prazas. Aínda que o curso se impartirá no local social de Igrexafeita, nel pode participar de forma gratuíta calquera veciño ou veciña de San Sadurniño. As inscricións hai que facelas acudindo directamente á Aula CeMIT -situada no primeiro andar da casa da Cultura- ou chamando ao 616 016 793.

Máis de 70 persoas pasaron xa polos cursos itinerantes da Rede Cemit desde o seu comezo no mes de setembro. Na súa maioría son mulleres cunha idade media comprendida entre os 50 e os 65 anos que buscan actualizarse ou adaptarse ao uso das TIC agora que hai posibilidades de conexión á Internet en todo o territorio municipal.

O método de docencia dos cursos baséase en técnicas de aprendizaxe guiada e práctica. O obxectivo principal é facilitar o acceso a un mundo totalmente novo para moitas persoas e vencer as reticencias contra unha tecnoloxía que ofrece vantaxes para a vida diaria pero que tamén garda algún que outro perigo.

Os cursos introdutorios á informática e á Internet serven de base, ademais, para captar persoas que contribúan ao crecemento do proxecto Fálame de San Sadurniño, a través do que os veciños e veciñas poden ir gardando e compartindo as súas vivencias.

Na web do proxecto publícanse fotografías antigas e actuais -case todas faladas por algún dos seus protagonistas-, documentos históricos dixitalizados e videos que reflicten o pasado e presente de San Sadurniño.

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
20 Febreiro 2014
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS