Aula CeMIT Betanzos -interior

A aula CeMIT do Concello de Betanzos volve contar con axente TIC

Desde o pasado día 4 de agosto, CeMITBetanzos conta con Axente TIC. Ao longo deste mes, cómpre facer o Programa de actuacións de inclusión dixital que se desenvolverá de setembro a finais de ano.

Nesta nova etapa da Rede CeMIT é obxectivo primordial “favorecer a inclusión dixital no ámbito de actuación contando co impulso e participación de diferentes colectivos sociais”. Por todo isto, invitamos a todos aquelas entidades sociais e/ou persoas, que o desexen, a que nos fagan chegar as súas propostas, suxestións, demandas... de cara a ofrecer actividades formativas axeitadas ás necesidades da poboación en xeral e en especial de aqueles colectivos con máis dificultades de achegamento ás TIC.

Asemade, informar de que calquera colectivo social pode solicitar as instalación da aula CeMIT co gallo de desenvolver actividades propias de carácter formativo, informátivo e/ou de divulgación.

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
CeMITBetanzos | 06 Agosto 2014

Para achegar as súas propostas, informarse das actividades e solicitar a Aula poden dirixirse a Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, chamar ao teléfono 981770011 ext 2401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.es

Durante o mes de agosto a Aula estará aberta de Luns a Venres de 09:00- 15:00 horas.

 

Fonte: Axente TIC
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS