Faite Dixit@l

Faite Dixit@l, a iniciativa de capacitación tecnolóxica para toda a cidadanía

  • Achegará aos participantes ferramentas e coñecementos para a configuración de dispositivos móbiles, programación de aplicacións, estratexias de márketing online e uso da identidade dixital e servizos telemáticos das administracións
  • Contempla actividades complementarias como un concurso de aplicacións móbiles, seminarios de expertos, casos de éxito e presentacións “PechaKucha”
  • Realizarase a través da rede de aulas CeMIT e ampliarase a outras zonas sen centros da Rede grazas á colaboración dos GDRs e da Asociación de Redeiras
  • A inscrición pode realizarse desde o martes 9 de setembro a través da Rede Cemit (http://cemit.xunta.es)
Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 3.5 (4 votos)
VOLVER
ImprimirEnviar
04 Setembro 2014

O vindeiro 22 de setembro, a Rede CeMIT, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración con Academia Postal e Fundetec, pon en marcha a iniciativa Faite Dixit@l, un itinerario de capacitación tecnolóxica orientado a ofrecer aos participantes ferramentas e coñecementos que favorezan a empregabilidade, o emprendemento e a adquisición de novas competencias dixitais. Faite Dixit@l está aberto a todo mundo e contempla máis de 160 actividades gratuítas ata o mes de decembro, superando as 500 horas de duración.

A iniciativa foi presentada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, o coordinador de proxectos de Academia Postal, Miguel Caneda e a xerente de proxectos de Fundetec, Lourdes Iglesias.

Actividades e inscrición

O itinerario ofrece como actividades centrais bloques temáticos sobre a configuración de dispositivos móbiles e a programación de aplicacións; sobre ferramentas web 2.0 para o desenvolvemento de contidos especializados no eido da sociedade da información e sobre estratexias de marketing online e a súa aplicación no eido do comercio electrónico e de vendas por internet. Outros módulos máis orientados a obter o máximo proveito das TIC son os que se centran no uso da identidade dixital e dos servizos electrónicos das administracións públicas.

Cada unha destas actividades terá unha duración entre 25 e 30 horas, repartidas en sesións diarias de 4 horas a través do sistema de videoconferencia do que dispoñen as aulas CeMIT, e que contarán con edicións de mañá ou tarde para favorecer a asistencia dos interesados.

Os contidos destas actividades están específicamente deseñados para o proxecto e os usuarios terán a súa disposición asesoramento para avaliar a súa evolución. Os interesados en sumarse á Faite Dixit@l poderán inscribirse, unha vez aberto o prazo, nas aulas da Rede CeMIT e a través desta web, onde atoparán a información desta iniciativa, dispoñible tamén a través dos canais de Faite Dixit@l en Facebook e Twitter.

Ademais, Faite Dixit@l ofrece actividades complementarias como seminarios de expertos a través da fórmula “PechaKucha”, presentacións creativas de curta duración sobre experiencias no eido das TIC así como casos de éxito e seminarios de mentores dixitais. Tamén se convocará un concurso de aplicacións móbiles, cuxo prazo se abrirá o 6 de outubro.

Estas actividades, que ofertan máis de 2.000 prazas, realizaranse a través da Rede de Aulas CeMIT. Para ampliar o seu alcance territorial Faite Dixit@l conta coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) e da Asociación de Redeiras de Galicia, que axudarán a difundir a iniciativa e a ampliar o alcance destas actividades de xeito presencial naquelas localidades sen aulas CeMIT.

Incrementar a capacitación dixital da cidadanía, obxectivo da nova Axenda Dixital

A directora da Amtega explicou que esta iniciativa enmárcase nun dos obxectivos principais da nova Axenda Dixital de Galicia 2020 que se está a elaborar: “a de incrementar a capacitación dixital das persoas, acadando a plena integración das TIC na práctica educativa e posibilitando a inclusión dixital de toda a cidadanía.”

Este obxectivo busca avanzar nas liñas de actuación desenvolvidas ata agora pola primeira Axenda Dixital de Galicia 2014.gal que puxo en marcha iniciativas como Abalar no eido educativo e a rede de aulas CeMIt, chave nesta iniciativa.

Máis información

Para máis información sobre a iniciativa: Díptico de Faite Dixit@l

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
08 Maio 2017
Charla sobre SERVIZOS FINANCIEIROS
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS