Faite Dixital- Redes sociais

Novas actividades para novembro en CeMITBetanzos

Do 03 ao 24 de novembro teremos un novo curso de alfabetización dixital básica “Informática, internet e correo electrónico” dirixido a persoas sen coñecementos previos. Esta acción formativa ten como finalidade capacitalos para que adquiran as destrezas mínimas de cara o uso do ordenador. Horario: 18:00 a 20:00 horas.

O día 4 de novembro, “Activando o teu futuro”, un obradoiro da Rede Galega de Dinamización Xuvenil dirixido á mocidade. Organiza OMIX Betanzos. Horario : de 18:00 a 20:00 horas.

Os venres, 7 e 21 de novembro adicarémolo a “Pedir cita para o médico”. Estes obradoiros están organizados co Centro Pai Menni pero aberto á poboación en xeral. Horario: 11:30 a 13:00 horas.

Tamén os venres, do 7 de novembro ao 5 de decembro levaremos a cabo unha actividade interxeracional “Creación de postais de nadal”. O ferramenta empregada será o impress e poderán participar un/ha avó/a acompañado de neto/a. Horario: 18:00 a 19:45 horas.

 

Asemade en CeMITBetanzos segue a desenvolverse Faite Dixit@l, un proxecto posto en marcha por Amtega de cara a mellora da capacitación dixital das e dos galegos. En concreto, as persoas interesadas poderán apuntarse ás seguintes actividades formativas:

  • Do 03 ao 11 de novembro, Ferramentas web 2:00. Dirixido a poboación en xeral que teña interese no emprego de wikis, redes sociais, moodle desde un punto de vista educativo. O horario será de 10:00 a 14:00 horas.

  • Do 12 ao 25 de novembro, será a quenda de Identidade dixital, administración electrónica. Dirixido a poboación en xeral que queira saber máis sobre o DNIe, certificados dixitais, trámites online, seguridade... O horario será de 10:00 a 14:00 horas.

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
CeMITBetanzos | 31 Outubro 2014

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981770011 ext 2401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.es

Fonte: Axente TIC
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS