Nova etapa de formación itinerante da Aula CeMIT de San Sadurniño

A Aula CeMIT de San Sadurniño iniciou fai uns días os cursos de iniciación á informática e a internet correspondentes a edición de 2015, que chegarán a todas aquelas parroquias da localidade nas que se formen grupos de entre cinco e doce persoas. As actividades deste mes terán lugar en Lamas e se levan a cabo en sesións de maña os luns, mércores e venres.

Tal e como se informa dende o goberno local, as persoas das diferentes parroquias que desexen beneficiarse destas accións formativas poden apuntarse na propia aula, sita no primeiro piso da Casa da Cultura. Tamén poden poñerse en contacto coa responsable do servizo, Carmen Suárez, a través do teléfono 616 016 793.

Animan así mesmo, as asociacións de veciños, se reúnen o número mínimo de participantes, a aproveitarse destas actividades. Os contidos das mesmos están dirixidos as persoas que non teñen ningún tipo de coñecemento sobre as novas tecnoloxías. O obxectivo principal da iniciativa es continuar co proceso de alfabetización dixital emprendido de forma itinerante o pasado ano. 

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
13 Maio 2015
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS