Benvida e programación de cursos da aula CeMIT de Ames

Bo día!!

 

Dende a aula CeMIT de Ames en Bertamiráns informámoslle da nova apertura e horario da aula para este ano 2016.

 

A aula abrirá de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00, ampliando así dúas horas diarias mais de apertura con respecto ao ano anterior.

 

Tamén nos gustaría informarlle das actividades que se levarán a cabo nestes primeiros meses do ano:

 

  • Navegando pola rede: curso básico no que aprenderán a facer buscas efectivas pola rede, así como tamén coñecer e gardar as webs que nos poden axudar ou que son do noso interese.

Horario: luns e mércores de 10:00 a 11:30

Duración: do 01/02 ao 29/02

  • Iniciación a informática e Internet: curso básico no que aprender a utilizar o ordenador empezando desde 0 ou repasar os coñecementos adquiridos en sesións anteriores.

Horario: luns e mércores de 10:00 a 11:30

Duración: do 02/02 ao 07/03

  • Creación de textos con Writer: nesta actividade poderás crear un documento de texto facilmente.

Horario: mércores e venres de 19:00 a 20:30

Duración: do 03/02 ao 04/03

  • Bota contas no Calc: Calc é unha folla de cálculo na que poderás botar as túas contas sen necesidade de calculadora.

Horario: mércores e venres de 19:00 a 20:30

Duración: do 03/02 ao 04/03

  • Debuxamos no Inkscape?: curso no que aprenderás a debuxar imaxes e gráficos vectoriais de xeito doado.

Horario: luns e mércores de 12:00 a 13:00

Duración: do 15/02 ao 29/02

  • Retoca e crea co Gimp: modifica e retoca as túas fotos igual que nas revistas. Facemos fotomontaxes?

Horario: luns e mércores de 12:00 a 13:00

Duración: do 02/03 ao 30/03

  • Aprende a moverte pola rede: curso que impartirán os mozos en prácticas do IES de Ames orientado a principiantes.

Horario: xoves de 19:00 a 20:30

Duración: do 18/02 ao 31/03

 

E PARA OS NENOS?

 

Desta vez, quixemos comezar cos nenos cun curso básico orientado ao colexio, porque aínda que se moven moi ben no ordenador, creemos que teñen carencias básicas que deben remediar canto antes, como por exemplo: aprender a configurar o seu navegador, ser cautos na rede ou gardar os seus documentos e traballos con organización.

 

Duración: do 15/02 ao 14/03

  • Nenos de 7 a 9 anos:         luns de 17:00 a 18:00
  • Nenos de 10 a 12 anos:     luns de 18:30 a 19:30
  • Nenos de todalas idades:   martes de 17:00 a 18:00 

NOVIDADE:

  • Nenos de 4 a 6 anos: debido á petición de moitas nais de cursos para os pequechos da casa, temos preparado un curso de mecanografía e debuxo con xogos educativos para nenos que coñezan as letras (non é necesaria lectoescritura). Imos ver cómo se lles da.

Horario: martes de 18:30 a 19:30

Ademais de todo isto, cando non se están realizando cursos, a aula ten servizo de aula aberta no que se poderán utilizar os equipos libremente no horario de apertura da aula.

 

Animámoste a que te intentes matricular no teu curso pola web da CeMIT no seguinte link: https://cemit.xunta.es/gl/centro/9

 

Recorda que os teus datos de acceso na maioría dos casos é:

 

Usuario:         DNI (con letra)

Contrasinal:    a que utilizamos para entrar nos equipos da aula

 

No caso dos nenos, teñen os datos de acceso no carné que se lle facilita cando se fai usuario.

 

Saúdos!!!

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
15 Xaneiro 2016
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
04 Decembro 2017
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS