Actividades Aula CeMIT concello de Xunqueira de Ambía mes de Maio

Actividades Aula CeMIT concello de Xunqueira de Ambía mes de Maio

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
26 Abril 2016

Iniciación á programación para nen@s Scratch: Nesta actividade, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución a programación empregando a aplicación Scratch. Esta actividade vai destinada aos nen@s entre 8 e 12 anos. A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 3,10,17,24 e 31 de Maio en horario de 16:00 horas ás 17:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 3 de Maio.

Exercita a túa memoria: Nesta actividade, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para exercitar a memoria empregando as TIC. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc..). A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 5,10,12,17,19,24,26 e 31 de Maio en horario de 17:00 horas ás 18:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 5 de Maio.

Aplicacións de Google(Drive, Maps,Hangouts): Nesta actividade, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para sacarlle o máximo rendimento as aplicacións de Google. Esta actividade vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc..). A actividade vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía os días 12,17,19,24 e 26 de Maio en horario de 18:00 horas ás 19:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 12 de Maio.

Pasos para obter o borrador da declaración de Facenda  Nesta charla, se pretende dar a coñecer aos usuarios unha breve introdución sobre os pasos a seguir para obter o borrador de facenda. Esta charla vai destinada a cidadanía en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de carpetas, etc..). A charla vai ter lugar na aula CeMIT de Xunqueira de Ambía o día 31 de Maio en horario de 19:00 horas ás 20:00 horas. O prazo para matricularse termina o día 31 de Maio. 

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS