Nova convocatoria de probas de avaliación presenciais para a obtención do CODIX - Publicación no DOGA o mércores 10 de outubro

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 5 (2 votos)
VOLVER
ImprimirEnviar
03 Outubro 2018

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o xoves 11 de outubro o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria enviada ao Diario Oficial de Galicia e que sairá publicada previsiblemente o mercores 10 de outubro,  con preto de 600 prazas en diversas localidades de Galicia

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición poderá realizarase por internet a través dunha nova publicada na nosa web (https://cemit.xunta.gal)  a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o  xoves 11 de outubro ata o xoves seguinte, 18 de outubro inclusive, sendo necesario estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT para formalizar á mesma.
 
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT, así como un número adecuado de reservas.
 
As persoas admitidas recibirán un correo electrónico coas instrucións necesarias para a súa matriculación: deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,20 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma.

Os adiantamos os lugares, días e horas de realización das probas, donde poderedes inscribiros a partir do xoves 11 de outubro nos enlaces que habilitaremos enriba no nome de cada localidade.

É importante resaltar que soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos os que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.

 




LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Coruña, A - Eiris Coruña, A Mércores, 14 de novembro 10:00 16
Narón Coruña, A Mércores, 14 de novembro 10:00 14
Barco, O Ourense Mércores, 14 de novembro 10:00 15
Estrada, A Pontevedra Mércores, 14 de novembro 10:00 15
Pontevedra Pontevedra Mércores, 14 de novembro 10:00 27
Tomiño Pontevedra Mércores, 14 de novembro 10:00 9
Vilagarcía Arousa Pontevedra Mércores, 14 de novembro 10:00 18
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Abegondo Coruña, A Xoves, 15 de novembro 10:00 15
Boiro Coruña, A Xoves, 15 de novembro 10:00 10
Cerceda Coruña, A Xoves, 15 de novembro 10:00 8
Ortigueira Coruña, A Xoves, 15 de novembro 10:00 10
Padrón Coruña, A Xoves, 15 de novembro 10:00 9
Pontedeume Coruña, A Xoves, 15 de novembro 10:00 11
Ourense Ourense Xoves, 15 de novembro 10:00 18
Cuntis Pontevedra Xoves, 15 de novembro 10:00 8
Lalín Pontevedra Xoves, 15 de novembro 10:00 18
Marín Pontevedra Xoves, 15 de novembro 10:00 17
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Betanzos Coruña, A Xoves, 15 de novembro 16:00 20
Coruña, A - Eiris Coruña, A Xoves, 15 de novembro 16:00 16
Sada Coruña, A Xoves, 15 de novembro 16:00 10
Santa Comba Coruña, A Xoves, 15 de novembro 16:00 18
Santiago de C Coruña, A Xoves, 15 de novembro 16:00 17
Guitiriz Lugo Xoves, 15 de novembro 16:00 15
Vicedo, O Lugo Xoves, 15 de novembro 16:00 5
Leiro Ourense Xoves, 15 de novembro 16:00 6
Xunqueira Ambía Ourense Xoves, 15 de novembro 16:00 8
Cañiza, A Pontevedra Xoves, 15 de novembro 16:00 20
Pontevedra Pontevedra Xoves, 15 de novembro 16:00 27
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Ames Coruña, A Venres, 16 de novembro 10:00 12
Brión Coruña, A Venres, 16 de novembro 10:00 10
Fisterra Coruña, A Venres, 16 de novembro 10:00 8
Oroso Coruña, A Venres, 16 de novembro 10:00 15
Vimianzo Coruña, A Venres, 16 de novembro 10:00 15
Barreiros Lugo Venres, 16 de novembro 10:00 12
Carballedo Lugo Venres, 16 de novembro 10:00 7
Lugo Lugo Venres, 16 de novembro 10:00 12
Ribadeo Lugo Venres, 16 de novembro 10:00 15
Sarria Lugo Venres, 16 de novembro 10:00 15
Celanova Ourense Venres, 16 de novembro 10:00 11
Moaña Pontevedra Venres, 16 de novembro 10:00 9
Porriño, O Pontevedra Venres, 16 de novembro 10:00 9
Valga Pontevedra Venres, 16 de novembro 10:00 11
Vigo Pontevedra Venres, 16 de novembro 10:00 12

 

 
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
05 Novembro 2018
Dálle luz a túa factura
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS