Círculos de aprendizaxe: Marketing Dixital en redes

Marketing Dixital en redes

Horario: De Luns a xoves de 10:00 a 11:30 horas
O días 10, 11, 12, 13 e 17, 18, 19, 20 de decembro 2018

 4 Sesións:  Pilares do marketing dixital

Obxectivos:     
Proporcionar ao alumno o dominio dos criterios estratéxicos, técnicas e ferramentas propias da disciplina.
Comprender o ecosistema completo do Marketing Dixital e desenvolver as mellores estratexias para conseguir os obxectivos.
Identificar as principais ferramentas para executar as accións que contemplan estas estratexias, Aprender a monitorear ou controlar para tomar accións correctivas Syllabus Ecosistema do Marketing Dixital

4 Sesións:  Estratexias de redes sociais

Obxectivos:
Adquirir coñecementos e criterios para crear los obxectivos, estratexias e tácticas para as redes sociais dun plan de marketing dixital.
Aprender en detalle os códigos e técnicas de Facebook, Twitter, Instagram e LinkedIn; incluíndo estratexias de contido, anuncios e estatísticas.”.
 
Os círculos de aprendizaxe fórmanse con grupos de persoas que se reúnen para adquirir ou complementar coñecementos a partir de contidos e cursos dispoñibles online (MOOCs).
 
Contribúen ao papel crucial que desempeña a aprendizaxe informal na nosa comunidad a través de programacións formativas colaborativas regulares, un novo modelo de escola basada na aprendizaxe colaborativa e no que se chama o lifelong learning cun máximo de 12 persoas con asistencia periódica para adquirir conxuntamente novos coñecementos a partires de contidos dispoñibles na rede.
 
A aprendizaxe é unha actividade social. Todo o mundo é un experto en algo, compartindo e conectando é cómo se aprende mellor.
 
Os círculos de aprendizaxe están deseñados pola comunidade P2PU (Peer 2 Peer University). Utilizaremos materiais de aprendizaxe abertamente licenciados (Creative Commons) e sempre compartimos a nosa metodoloxía e recursos abertamente, para que tantas persoas como sexa posible poidan aproveitar o noso traballo.
 
MATRICÚLATE A TRAVÉS DO SEGUINTE ENLACE:

https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/27230

MAIS INFORMACIÓN:

Aula de formación EducaOroso
Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro
15888 – Oroso
A Coruña
Correo: educaoroso@oroso.gal
Telf.: 981973927
 

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Aula de Formación EducaOroso | 28 Novembro 2017
Fonte: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/27230
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS