Nova convocatoria de probas de avaliación presenciais para a obtención do CODIX - Publicación no DOGA o mércores 27 de marzo

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
25 Marzo 2019

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o xoves 28 de marzo o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria enviada ao Diario Oficial de Galicia e que sairá publicada previsiblemente o mercores 27 de marzo,  con preto de 600 prazas en diversas localidades de Galicia

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición poderá realizarase por internet a través dunha nova publicada na nosa web (https://cemit.xunta.gal)  a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o  xoves 28 de marzo ata o xoves seguinte, 4 de abril inclusive, sendo necesario estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT para formalizar á mesma.
 
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas con dereito a matriculación na páxina web da rede CeMIT, así como un número axeitado de reservas naquelas localidades que teñan mais solicitudes que prazas dispoñibles.
 
As persoas admitidas recibirán un correo electrónico coas instrucións necesarias para a súa matriculación: deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,37 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma por estar inscrito como demandante de emprego ou ter unha minusvalía do 33% ou superior.

Os adiantamos os lugares, días e horas de realización das probas, donde poderedes inscribiros a partir do xoves 28 de marzo nos enlaces que habilitaremos enriba no nome de cada localidade.

É importante resaltar que soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos os que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.

 




LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Coruña, A Coruña, A Mércores, 08 de maio 10:00 16
Oroso Coruña, A Mércores, 08 de maio 10:00 15
Vimianzo Coruña, A Mércores, 08 de maio 10:00 10
Carballedo Lugo Mércores, 08 de maio 10:00 7
Ourense Ourense Mércores, 08 de maio 10:00 18
Tomiño Pontevedra Mércores, 08 de maio 10:00 9
Pontevedra Pontevedra Mércores, 08 de maio 10:00 27
Valga Pontevedra Mércores, 08 de maio 10:00 11
Vilagarcía Arousa Pontevedra Mércores, 08 de maio 10:00 19
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Abegondo Coruña, A Xoves, 09 de maio 10:00 14
Narón Coruña, A Xoves, 09 de maio 10:00 14
Pontedeume Coruña, A Xoves, 09 de maio 10:00 11
Santiago de Comp. Coruña, A Xoves, 09 de maio 10:00 17
Ribadeo Lugo Xoves, 09 de maio 10:00 14
Ourense Ourense Xoves, 09 de maio 10:00 18
Cuntis Pontevedra Xoves, 09 de maio 10:00 8
Lalín Pontevedra Xoves, 09 de maio 10:00 19
Marín Pontevedra Xoves, 09 de maio 10:00 15
Vigo Pontevedra Xoves, 09 de maio 10:00 12
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Arzúa Coruña, A Xoves, 09 de maio 16:00 17
Betanzos Coruña, A Xoves, 09 de maio 16:00 20
Coruña, A Coruña, A Xoves, 09 de maio 16:00 16
Narón Coruña, A Xoves, 09 de maio 16:00 14
Santa Comba Coruña, A Xoves, 09 de maio 16:00 18
Santiago de Comp. Coruña, A Xoves, 09 de maio 16:00 17
Sarria Lugo Xoves, 09 de maio 16:00 18
Castro Caldelas Ourense Xoves, 09 de maio 16:00 14
Leiro Ourense Xoves, 09 de maio 16:00 6
Xunqueira Ambía Ourense Xoves, 09 de maio 16:00 10
Cañiza, A Pontevedra Xoves, 09 de maio 16:00 20
Estrada, A Pontevedra Xoves, 09 de maio 16:00 12
         
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Ames Coruña, A Venres, 10 de maio 10:00 12
Boiro Coruña, A Venres, 10 de maio 10:00 10
Brión Coruña, A Venres, 10 de maio 10:00 10
Cerceda Coruña, A Venres, 10 de maio 10:00 8
Fisterra Coruña, A Venres, 10 de maio 10:00 8
Ortigueira Coruña, A Venres, 10 de maio 10:00 8
Fonsagrada, A Lugo Venres, 10 de maio 10:00 10
Lugo Lugo Venres, 10 de maio 10:00 12
Barco, O Ourense Venres, 10 de maio 10:00 15
Celanova Ourense Venres, 10 de maio 10:00 11
Moaña Pontevedra Venres, 10 de maio 10:00 10
 
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
07 Outubro 2019
Telefonía móbil e internet
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS