En cumprimento do establecido na base Quinta.- Criterios de selección da Resolución do 18 de marzo de 2019 (DOG nº 60) pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, e unha vez realizado o sorteo público para a extracción das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:
O luns 8 de ABRIL publicarase a listaxe das persoas admitidas provisionalmente para a realización da matrícula, unha vez aplicado o resultado deste sorteo, así como a listaxe de reserva e de posibles excluídos.
Ás persoas admitidas provisionalmente nesta primeira fase se lles enviará un correo electrónico coas instruccións e prazo para realizar o pagamento (ou xustificar a súa exención)
Unha vez rematado ese primeiro prazo (venres, 12 de ABRIL, inclusive), e no caso de existir prazas libres nas localidades solicitadas na súas inscricións, abrirase un novo procedemento de chamamentos e prazo de matriculación para as persoas que figuran na listaxe de reservas.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS