Nova convocatoria de probas de avaliación presenciais para a obtención do CODIX - Publicación no DOGA o luns 14 de outubro

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
09 Outubro 2019

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o martes 15 de outubro o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria enviada ao Diario Oficial de Galicia e que sairá publicada previsiblemente o luns 14 de outubro,  con preto de 600 prazas en diversas localidades de Galicia

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición poderá realizarase por internet a través dunha nova publicada na nosa web (https://cemit.xunta.gal)  a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o  martes 15 de outubro ata o luns 21 de outubro inclusive, sendo necesario estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT para formalizar á mesma.
 
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas con dereito a matriculación na páxina web da rede CeMIT, así como un número axeitado de reservas naquelas localidades que teñan mais solicitudes que prazas dispoñibles.
 
As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico coas instrucións necesarias para a súa matriculación: deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,37 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma por estar inscrito como demandante de emprego ou por ter unha minusvalía do 33% ou superior.

Os adiantamos os lugares, días e horas de realización das probas, donde poderedes inscribiros a partir do martes 15 de outubro nos enlaces que habilitaremos enriba no nome de cada localidade.

É importante resaltar que soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos os que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.

 




LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Ames Coruña, A Mércores, 13 de novembro 10:00 12
Coruña, A -Eiris Coruña, A Mércores, 13 de novembro 10:00 16
Ortigueira Coruña, A Mércores, 13 de novembro 10:00 8
Vimianzo Coruña, A Mércores, 13 de novembro 10:00 10
Burela Lugo Mércores, 13 de novembro 10:00 9
Ribadeo Lugo Mércores, 13 de novembro 10:00 14
Bande Ourense Mércores, 13 de novembro 10:00 9
Campo Lameiro Pontevedra Mércores, 13 de novembro 10:00 10
Pontevedra Pontevedra Mércores, 13 de novembro 10:00 25
Valga Pontevedra Mércores, 13 de novembro 10:00 11
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Abegondo Coruña, A Xoves, 14 de novembro 10:00 15
Brión Coruña, A Xoves, 14 de novembro 10:00 10
Oroso Coruña, A Xoves, 14 de novembro 10:00 12
Carballedo Lugo Xoves, 14 de novembro 10:00 7
Fonsagrada, A Lugo Xoves, 14 de novembro 10:00 15
Lugo Lugo Xoves, 14 de novembro 10:00 12
Ourense Ourense Xoves, 14 de novembro 10:00 18
Cuntis Pontevedra Xoves, 14 de novembro 10:00 8
Lalín Pontevedra Xoves, 14 de novembro 10:00 18
Tomiño Pontevedra Xoves, 14 de novembro 10:00 8
Vigo Pontevedra Xoves, 14 de novembro 10:00 12
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Coruña, A -Eiris Coruña, A Xoves, 14 de novembro 16:00 16
Oroso Coruña, A Xoves, 14 de novembro 16:00 12
Sada Coruña, A Xoves, 14 de novembro 16:00 10
Santa Comba Coruña, A Xoves, 14 de novembro 16:00 18
Santiago de Comp. Coruña, A Xoves, 14 de novembro 16:00 17
Vicedo, O Lugo Xoves, 14 de novembro 16:00 5
Castro Caldelas Ourense Xoves, 14 de novembro 16:00 13
Leiro Ourense Xoves, 14 de novembro 16:00 6
Xunqueira de Ambia Ourense Xoves, 14 de novembro 16:00 9
Cañiza, A Pontevedra Xoves, 14 de novembro 16:00 20
Estrada, A Pontevedra Xoves, 14 de novembro 16:00 12
Porriño, O Pontevedra Xoves, 14 de novembro 16:00 10
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA Nº PRAZAS
Ames Coruña, A Venres, 15 de novembro 10:00 12
Boiro Coruña, A Venres, 15 de novembro 10:00 10
Cerceda Coruña, A Venres, 15 de novembro 10:00 8
Fisterra Coruña, A Venres, 15 de novembro 10:00 8
Pontedeume Coruña, A Venres, 15 de novembro 10:00 11
Barreiros Lugo Venres, 15 de novembro 10:00 12
Guitiríz Lugo Venres, 15 de novembro 10:00 19
Barco, O Ourense Venres, 15 de novembro 10:00 15
Celanova Ourense Venres, 15 de novembro 10:00 11
Marín Pontevedra Venres, 15 de novembro 10:00 12
Moaña Pontevedra Venres, 15 de novembro 10:00 14
Vilagarcía Pontevedra Venres, 15 de novembro 10:00 18

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
04 Novembro 2019
Os servizos de asistencia técnica
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS