Prazo de matriculación das persoas admitidas provisionalmente: ata o martes 18 de febreiro, inclusive
Unha vez aplicado o resultado do sorteo publico das letras para establecer a orde de prelación das persoas inscritas con dereito a matriculación, e de acordo coa base "Quinta.- Solicitudes de participación" da Resolución do 24 de xaneiro de 2020 (DOG nº 22, do 3 de febreiro), publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e reservas para o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación cara a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
As persoas seleccionadas na listaxe provisional de admitidas disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o vindeiro martes, 18 de febreiro, inclusive) para realizar o pagamento de dez euros con sesenta e tres céntimos (10,63 euros) correspondente aos dereitos de exame ou, no seu caso, presentar o xustificante de exención, seguindo as instrucións que figuran no correo electrónico enviado a ditas persoas con dereito á matriculación.
As persoas que figuran na listaxe provisional de reservas serán convocadas individualmente pola orde establecida para cubrir as vacantes que se poidan producir, unha vez remate o prazo de matriculación dos primeiros inscritos (a partir do xoves, 20 de xuño).
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS