A Amtega publica unha serie de recomendacións orientativas cara a reapertura das aulas CeMIT de xeito presencial

  • Estas recomendacións abordan a reapertura das aulas da Rede CeMIT para a prestación do servizo presencial e a adopción das medidas necesarias para a prevención fronte á COVID-19 durante o avance das sucesivas fases da desescalada. 
  • Estas medidas orientativas están dirixidas a dotar da máxima protección posible ás aulas da Rede e os seus usuarios/as. 

 

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Rede CeMIT | 26 Maio 2020
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en aliñamento coas indicacións da Xunta de Galicia e o goberno central achega a título meramente orientativo unha serie de recomendacións de prevención nas aulas CeMIT.
 
Na seguinte ligazón, están dispoñibles as ditas Recomendacións orientativas cara a reapertura das aulas CeMIT para a prestación do servizo de formación presencial e a adopción das medidas necesarias para a prevención fronte á COVID-19 durante o avance das próximas semanas.
 
Estas medidas totalmente orientativas, están dirixidas a dotar da máxima protección posible ás aulas da Rede e aos seus usuarios/as. Así mesmo, cada centro poderá establecer instrucións específicas adaptadas ás súas peculiaridades, tendo en conta as circunstancias concretas que lles permitan seguir ofrecendo o servizo de atención ao seu alumnado e a súa formación de forma segura, eficiente e sen riscos.  
 
En todo caso, recoméndase continuar impulsando a teleformación na medida do posible e, en canto á formación presencial, aconséllase acadar en todo momento as limitacións de aforo establecidas polas autoridades competentes e as medidas de seguridade requiridas.
 
Para facilitar a comunicación e a difusión destas recomendacións, ponse a disposición das aulas a cartelería coas Medidas de seguridade e hixiene da aula e as Normas de uso da aula, propostas no marco da Rede CeMIT, que poderán ser adaptadas coa información concreta de cada centro segundo a fase de apertura na que se atopen durante este proceso de desescalada. 
 
Adicionalmente facilítase unha Guía para os axentes TIC, cunha proposta de medidas preventivas e de hixiene para aplicar nas aulas CeMIT así como unhas recomendacións para a xestión das actividades presenciais na Rede CeMIT.
 
Finalmente, recoméndase a realización dun seguimento e avaliación do cumprimento das medidas adoptadas por parte de cada centro para garantir a seguridade así como a revisión continua da modificación ou actualización de medidas establecidas polas autoridades sanitarias e de goberno durante o período de transición ata acadar a nova normalidade.
 

A Rede CeMIT 

A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 concellos, está integrada por 98 aulas e está presente en 53 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.
 
Fonte: CeMIT
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS