Listaxe de persoas admitidas provisionalmente e de reservas - Curso Teleformación CODIX edición 2/2020

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
06 Xuño 2020

Unha vez aplicado o resultado do sorteo publico das letras para establecer a orde de prelación das persoas inscritas con dereito a matriculación,  e de acordo coa base "Quinta.- Solicitudes de participación" da Resolución do 16 de maio de 2020 (DOG nº 102, do 28 de maio), publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e reservas para o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación cara a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

As persoas seleccionadas na listaxe provisional de admitidas disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o vindeiro venres 12 de xuño, inclusive) para  realizar o pagamento de dez euros con sesenta e tres céntimos (10,63 euros) correspondente aos dereitos de exame ou, no seu caso, presentar o xustificante de exención, seguindo as instrucións que figuran no correo electrónico enviado a ditas persoas con dereito á matriculación.

As persoas que figuran na listaxe provisional de reservas serán convocadas individualmente pola orde establecida ata cubrir as vacantes que se poidan producir, unha vez remate o prazo de matriculación dos primeiros inscritos (a partir do luns 15 de xuño).

 
Importante: Unha vez realizado o pagamento deberán achegar o xustificante do mesmo -ou da súa exención-  (unha fotografía de dito xustificante, un escaneo de imaxe, etc)  ao enderezo electrónico formacion-cemit@xunta.gal  para asegurar a reserva de praza e formalizar a súa matriculación, e sempre dentro do prazo establecido, sen necesidade de realizar ningunha outra tramitación.
 
Unha vez recibida nesa conta de correo a xustificación de pagamento, responderemoslle nun curto espazo de tempo confirmándolle a súa matriculación e dando por rematado o procedemento ata o inicio do curso.
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS