Portátill e rato.

A aula CeMIT de Ribeira pon a disposición de nenos e maiores sete cursos TIC de verán

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Ribeira | 30 Xuño 2020

Concello de Ribeira informou de que xa están abertas as inscricións dos cursos organizados para este verán na aula CeMIT local: sete actividades tecnolóxicas formativas nas que, de forma gratuíta, a veciñanza xa pode matricularse, das cales catro están dirixidas a nenos e nenas e tres a adultos.

Os cursos, que se van desenvolver baixo os estritos protocolos de seguridade sanitaria (só haberá oito equipos informáticos dispoñibles, co fin de asegurar a distancia entre os asistentes, e será obrigatorio levar máscaras e lavar as mans co xel hidroalcólico disposto á entrada do centro TIC de Ribeira), son recursos de gran utilidade e potencial para ampliar a formación e os coñecementos de pequenos e maiores. O calendario de cursos dirixidos a nenos e nenas queda da seguinte maneira:

Nenos e nenas

  • Mecanografía – Editor de textos: Luns, mércores e venres do 6 de xullo ao 31 de xullo, de 10 a 11.30 horas. De 8 a 15 anos.
  • Informática básica: Luns, mércores e venres, de 6 ao 31 de xullo de 12 a 13.30 horas. De 6 a 10 anos.
  • Google Drive – Documentos na Nube: Luns, mércores e venres do 3 de agosto ao 28 de agosto, de 10 a 11.30 horas. De 11 a 15 anos.
  • Scratch – Inicio Robótica, luns mércores e venres de 12 a 13.30 horas. De 11 a 15 anos.

Adultos (a partir de 16 anos)

  • Aula Aberta: martes e xoves do 7 de xullo ao 28 de agosto, de 10 a 11.30 horas.
  • Editor de textos Write: martes e xoves do 7 de agosto ao 30 de xullo de 12 a 13.30 horas.
  • Folla de cálculo Calc: martes e xoves do 4 de agosto ao 27 de agosto de 12 a 13.30 horas.

As inscricións poden facerse na aula CeMIT de Ribeira ou vía web na súa páxina en Internet.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS