Actualidade

Web "Fálame de San Sadurniño"
15 Setembro 2015
A iniciativa “Fálame de San Sadurniño”, desenvolvida na aula CeMIT desde municipio coruñés foi elixida entre un total de 12 propostas para representar a España no concurso internacional do proxecto europeo ACTing, cuxa final terá lugar en Xenebra (Suíza) os días 23 e 24 de setembro.
13 Maio 2015
Nova etapa de formación itinerante da Aula CeMIT
20 Febreiro 2014
A Rede CeMIT continúa co seu programa de formación itinerante polas parroquias. Despois de impartir pasar nos últimos meses por Naraío, Santa Mariña, Bardaos, Ferreira, Lamas e o Camiño Arriba, agora os cursos de informática chegan a Igrexafeita. No mes que entra os veciños e veciñas desta parroquia poderán aprender conceptos básicos sobre o ordenador e a navegación por Internet. Ademais, igual que ocorreu nos outros sitios, tamén practicarán sobre a plataforma colaborativa "Fálame de San Sadurniño".
24 Xaneiro 2014
A aula CeMIT do Concello de San Sadurniño marcou un novo récord de usuarios en 2013. En total foron 254 as persoas que participaron nas 45 actividades e cursos organizados por este servizo municipal no que colabora a Xunta de Galicia. O balance anual da aula indica que máis da metade dos usuarios non tiñan coñecementos previos de informática e, sobre todo, que son as mulleres as que mostran máis interese polas TIC.
22 Decembro 2013
A Aula Cemit de San Sadurniño pechará entre os días 24 e 6 de xaneiro. Bo nadal e feliz aninovo!
08 Outubro 2013
Se queda xente por ir á aula de informática, será a aula de informática quen vaia á procura da xente. Así se pode resumir o traballo emprendido este pasado mes de setembro pola alfabetizadora dixital do Concello. Ademais de impartir cursos na aula de San Sadurniño, agora tamén se trasladan ás parroquias. A primeira foi Naraío durante o mes de setembro e agora tócalle a Santa Mariña onde, ata o 31 de outubro, 15 persoas darán os seus primeiros pasos co ordenador e internet.
07 Outubro 2013
Un equipo do espazo da TVG "Cos pés na terra" está en San Sadurniño para realizar unha reportaxe sobre dous dos programas máis exitosos postos en marcha polo Concello: Tempos para compartir e os cursos de alfabetización dixital que se desenvolven tanto na aula da Rede CeMIT como nos locais sociais das parroquias. O programa emitirase proximamente na canle pública.
14 Setembro 2013
Novo horario da aula CeMIT do Concello de San Sadurniño: - Luns, mércores e venres: 10:00 a 14:00 - Martes e xoves: 16:00 a 20:00
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
06 Novembro 2017
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS en materia de consumo
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Xente dixital
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Voluntariado Dixital
  • Rexistro de Demandantes
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • TIC TAC adapta
  • Oficina Técnica de Banda Larga

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS